14ª Noite do Calacú

| 3 de novembro. 2018
| Desde ás 17:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

14ª Noite do Calacú

XIV edición da tradicional Festa do Calacú de San Benito, unha cita que ten os seus orixes, cando menos, a mediados do século XX e que foi recuperada no ano 2004, unha celebración cunha fonda tradición porriñesa. A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, quere reivindicar a tradición galega dos calacús, fronte ao foráneo Halloween.

O sábado 3 de novembro, na contorna da capela de San Benito, tera lugar o obradoiro de cabazas para nenos e nenas (17:00 h.); a lectura do Pregón correrá a cargo de José Vaqueiro Pazos; o nomeamento da Dama e o Cabaleiro do Calacú, José e Fita (19:30 h.); a tradicional procesión do Gran Calacú dende o Concello ata o barrio de San Benito (20:00 h.); e por último, a degustación de castañas con viño tinto (a tan só 2,5 € ), todo elo amenizado pola Charanga Cantos Somos.


14ª Noite do Calacú


Patrocinio PontegalCabecera-web-ecultura.png