2ª Xornada de arquitectura. Praza de Abastos, Proxecto dun Espazo Público


Ver programación das Xornadas de Arquitectura do Porriño por días:

[XOVES 2]     [VENRES 3]


VENRES, DÍA 3 DE XUÑO

Conferencia: Praza de Abastos, proxecto dun espazo público
Relatores: Irisarri + Piñera
Hora: 20.00 H.
Lugar: Praza de Abastos Municipal


i-p

Irisarri + Piñera

Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso son arquitectos con oficina en Vigo. Son profesores de Proxectos Arquitectónicos da Escola de Arquitectura de Coruña. Jesús Irisarri foi profesor convidado na E.T.S. de Arquitectura de Navarra, Madrid e Sevilla, así como do “International Laboratory of Architecture and Urban Design” en Venecia. Profesores do Master Cidade e Sustentabilidade da E.T.S. de Arquitectura de Sevilla, do Master do Paisaxe Fundación Juana de Veiga da E.T.S. de Arquitectura de Coruña e Universidade de Santiago de Compostela, Master Urbanismo e espazo público a E.T.S. de Arquitectura de Coruña e profesores do grao Arquitectura de Interiores da E.T.S. de Arquitectura de Coruña.

Codirectores da revista “Obradoiro” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do ano 2001 ao 2005.
Foron convidados a impartir cursos e conferencias en diversas Universidades e Organismos nacionais e internacionais.

A súa obra construída foi recoñecida con premios internacionais como o Premio Europeo de Espazo Público, Premio FAD, o European Galvanizing Awards, SICE (Sustentabilidade, Innovación e Calidade na Arquitectura do Consello Superior de arquitectos de España), LAMP, dúas veces seleccionado ao Premio Mies van der Rohe e nacionais, Bienal de Arquitectura Española, ATEG da Sociedade Española de Galvanización, Juana de Veiga, premios COAG, premios Termoarcilla, Bienal Antonio Camuñas e finalista varias veces na Bienal de Arquitectura Española, premios FAD, premio Enor, etc.

Internacionalmente foi exposta na Biennale dei Venezia e no MOMA (The Museum of Modern Art, New York), Deustches Architektur Museum, Frankfurt, Universidades de Nanking e Guanzhou en China, Museo Benaki de Atenas, Sweden Green Building Conference (Ekobyggmässan) Stockholm, e Oslo Trienal, Noruega, Embassy of Spain, Washington DC, The Hage City Council, Ámsterdam, Xapón ou Arxentina entre outros.

A nivel nacional foron seleccionados e a súa obra foi exposta no Centre de Cultura Contemporánea de Barcelona, Galería de Arquitectura de Novos Ministerios de Madrid, sede de Arquinfad en Barcelona, varias exposicións de Bienales españolas, varias edicións de Premis FAD, escolas de Arquitectura, Universidade de Navarra, Universidade de Alcalá de Henares, MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), Fundación Pedro Barrie da Maza, Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

A súa obra foi publicada en monografías, libros e revistas nacionais e internacionais.

Máis información sobre o Irisarri + Piñera, na súa web » ligazón externa


Ver: I Xornadas de Arquitectura »  |  Ver día:   xoves 2 »


[ SUBIR ]


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png