Programación para pasar unha corentena. 2020

Programación cultural Abril 2020. Concello do Porriño


VER POR TEMÁTICA:

ConcelloLetras Galegas | Arte | Cinema
Conferencias | Contacontos | Danza | Formación
Fotografía | Maxia | Opera | Popcast | Teatro | Turismo


CONCELLO


Batalla de debuxantes “ImprovisDado”
[ + info ]

Inclúe: DJ + Speaker
Prazo de inscrición: do 1 de maio ao 30 de xuño


Xogo de nivel de coñecemento sobre O Porriño
[ + info ]

Un xogo para que te divirtas, demostres os teus coñecementos e poidas comentalo coa túa familia e amigos. Canto sabes realmente do Porriño?


Amosa a túa Corentena
[ + info ]

Envíanos os teus vídeos e desde a Concellería de Cultura subirémolos a esta páxina e todas e todos gozaremos dos contidos que compartas.


Suxerencias da Biblioteca Municipal para pasar unha corentena
[ + info ]

Para axudar a levar mellor a corentena, a biblioteca non pecha en internet e traballa ofrecendo unha selección de contidos, lecturas e recursos online que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento.


Día Internacional da Danza 2020
[ + info ]

29 de abril


Plan de Continxencia Contra a Violencia Machista
[ + info ]

Concellería de Igualdade
Debido á crise do COVID-19 e o confinamento domiciliario da sociedade


Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos
[ + info ]

Concello do Porriño coa colaboración de ASEIA (Asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia)


IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020-2024
[ + info ]

Concellería de Igualdade
Resumo da 1º parte do IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020-2024


LETRAS GALEGAS


Voces para Ricardo Carvalho Calero
[ + info ]

Vídeo lectura e podcast do Club de Lectura da obra de Carvalho Calero


Xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero
[ + info ]

Un xogo a partir de preguntas para que avalíes os teus coñecementos sobre Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Canto sabes de Ricardo Carvalho Calero?


Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas
[ + info ]

Concurso infantil de debuxos, comparte os teus debuxos e serán agasallados cun lote de libros


7 Post sobre Carvalho Calero
[ + info ]

Inciativa da Biblioteca do porriño co motivo do Día das Letras Galegas


Xota Popular – Grupo folclórico Os Penediños
[ + info » ligazón externa ]

Vídeo realizado durante a corentena no mes de Maio cos integrantes das diferentes modalidades do grupo tradicional Os Penediños, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020.


Carvalho Calero! Un “escape room” dixital
[ + info » ligazón externa ]

Un xogo de pistas, códigos, investigacións… como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información. Elaborado por Patricia Sánchez (A fiestra da mestra)


O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero
[ + info » ligazón externa ]

Un escape room elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novas) para aprender sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 mentres xogamos


Carvalho em pessoa
[ + info » ligazón externa ]

Coa intención de dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas de 2020, estanse a lanzar na rede unha serie de entrevistas sobre o profesor. Estes 17 vídeos recóllense na serie Carvalho em pessoa, na canle de youtube da Produtora Através


LIGAZÓNS PARA PASAR UNHA CORENTENA


ARTE


Oral Memories
[ + info » ligazón externa ]

Oral Memories é un proxecto que naceu co obxectivo de dar voz aos artistas contemporáneos. Unha plataforma para a promoción e difusión dos artistas emerxentes e media carreira españois. O proxecto recolle entrevistas en formato audiovisual de 8 minutos e en edición bilingüe, onde cada un dos artistas expón as súas formulacións estético‐conceptuais.


CINEMA


We Are One: A Global Film Festival
[ + info » ligazón externa ]

Os principais festivais de cinema (Annecy, Berlín, Cannes, Guadalajara, Jerusalén, Karlovy Vary, Locarno, Londres, Macao, Marrakech, Mumbai, Nueva York, San Sebastián, Sarajevo, Sundance, Sydney, Tokio, Toronto, Tribeca e Venecia, entre outros), únense en “We Are One: A Global Film Festival”, que se celebrará en Youtube a partir do 29 de maio. Un festival de cinema dixital de 10 días de duración e que chegará de maneira gratuíta a público de todo o mundo.


30 anos de audiovisual galego
[ + info » ligazón externa ]

Iniciativa do Consello da Cultura Galega, realizada en colaboración coa Corporación RTVG, que celebra a estrea, hai trinta anos, das primeiras tres longametraxes de ficción en lingua galega: Sempre Xonxa, Continuental e Urxa. Acompañados estos da unidade didáctica “Trinta anos de audiovisual galego” que explica os tres filmes fundacionais do cinema en galego e proporciona unha ferramenta para introducirse na linguaxe audiovisual e o seu papel na cultura galega contemporánea.


Versión Valdeorras
[ + info » ligazón externa ]

Versión Valdeorras é unha iniciativa de cineastas da comarca de Valdeorras para poñer a disposición películas documentais e de ficción realizadas na zona. Filmes como Santoalla, Pradolongo, Desafío do Sil ou Os Fillos da Vide poderán verse online durante uns días, nas que restan de confinamento pola pandemia da COVID-19.


Documental “Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín”
[ + info » ligazón externa ]

O profesor e escritor Manuel Forcadela é o director e guionista do documental que agora puxo en aberto na súa metraxe completa. O documental percorre a vida e a obra do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, a partir dos testemuños de dezasete “representantes do mundo cultural galego” que se deteñen na literatura, no seu articulismo de opinión ou do seu papel e impacto na vida cultural galega do século XX.


Somos cine. RTVE
[ + info » ligazón externa ]

RTVE lanzou o portal Somos Cinema, unha páxina web na que se pon ao dispor dos internautas algunhas das películas máis destacadas do cinema español.


Novo Cinema Galego
[ + info » ligazón externa ]

O proxecto  Novo Cinema  Galego decidiu facilitar o acceso a varias películas na súa plataforma, propoñendo así un ciclo que percorre os dez anos de creacións amparadas neste proxecto metodolóxico que dá a coñecer obras de autores e autoras galegos. Un total destes 22 filmes (entre longametraxes e curtos) pódense visualizar xa en aberto na devandita páxina.


Museo  Online de Cinema  Autobiográfico
[ + info » ligazón externa ]

Iniciativa galega para ver cinema: Museo Moca, Museo  Online de Cinema  Autobiográfico. Actualmente, están en exposición obras de  Tracy  German, unha cineasta, artista e profesora canadense de orixe indíxena que traballa entre o cinema experimental e a instalación cinematográfica.


La felicidad de los perros“, de David Hernández
[ + info » ligazón externa ]

O filme do vigués David Hernández La Felicidad de los perros, agora pode verse online de forma libre. Esta é a primeira longametraxe de ficción dirixida por Hernández e ten sido galardonada en diferentes festivais como o 56º FICX, o 8º Primavera do Cine, o 37º Festival Cinematográfico Internacional del Uruguai, o 8º Festival Márgenes, o 3º Ibiza FilmFest e o 32º Cineuropa


CONFERENCIAS


TEDx Galicia
[ + info » ligazón externa ]

Nas conferencias TEDx Galicia danse cita algúns dos pensadores e emprendedores con ánimo de compartir o que máis lles apaixona. “TED” significa Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, tres grandes áreas que en conxunto están a dar forma ao noso futuro. De feito, o evento dá cabida a unha temática máis ampla mostrando “ideas que merece a pena explicar”, sexa cal for a súa disciplina.


CONTACONTOS


Contos contados
[ + info » ligazón externa ]

A coñecida editorial Kalandraka ofrece unha canle de contacontos infantís online. En “Contos contados” vanse publicando lecturas de diversos contos tradicionais e historias de albumes ilustrados, de acceso gratuíto.


Salón virtual do Salón  do Libro de Pontevedra
[ + info » ligazón externa ]

O Salón  do Libro de Pontevedra retoma a súa actividade adoptando un formato virtual tras pechar o pasado día 12 polo coronavirus. Nas próximas semanas ofrecerán contacontos, exposicións virtuais e talleres.


O conto non para. Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral
[ + info » ligazón externa ]

O Festival Internacional de Narración Oral ofrece diversas gravacións de contos e cancións de artistas que participaron neste festival que tivo que ser cancelado.


Contos en pixama, de Gravata Torla
[ + info » ligazón externa ]

Señor Gravata Torla naceu coa intención de achegar os contos aos máis pequenos da casa. Ao longo desta corentena poderemos gozar dos seus contos, cada día, Gravata Torla subirá un vídeo cun conto seleccionado.


Storyline Online. Contos en inglés
[ + info » ligazón externa ]

O galardoado sitio web de alfabetización infantil da Fundación SAG-AFTRA, Storyline Online, transmite vídeos con actores soados que len libros infantís xunto con ilustracións creadas de forma creativa.


DANZA


Aínda, do Centro Coreográfico Galego
[ + info » ligazón externa ]

Extracto de “Aínda”, produción do Centro Coreográfico Galego con coreografía de Amaury Lebrun.


O crebanoces, de Chaikovski
[ + info » ligazón externa ]

O crebanoces de Chaikovski, produción do Centro Coreográfico Galego con dirección de Mercedes Suárez.


Leccións de baile tradicional, da man de Antonio Prado
[ + info » ligazón externa ]

O mestre de baile tradicional Antonio Prado publica vídeos con leccións para aprender a xota e muiñeira. Poden verse máis clases na súa canle de YouTube.


Ama, de Julie Gautier
[ + info » ligazón externa ]

“Ama” significa “muller de mar” en xaponés e é o título desta belísima curtametraxe gravada baixo a auga. Dirixido por Julie Gautier, filla dunha bailarina e dun pescador xaponés. Desta bela fusión, nace a súa maneira de mirar o mundo a través da arte.


FORMACIÓN


Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19
[ + info » ligazón externa ]

Prazo inscrición: do 8 de abril ao 13 de abril
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño súmase ao plan de formación promovido pola Xunta de Galicia. Os cursos son os seguintes:

  • Cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.
  • Cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.

Cursos SmartPeme online
[ + info » ligazón externa ]

SmartPeme Pontevedra presta un servizo de información e asesoramento gratuíto sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial. Os cursos gratuítos que imparte habitualmente, agora son en liña.


Lingua.gal, o portal da lingua galega
[ + info » ligazón externa ]

Recursos para coñecemento, uso e perfeccionamento da lingua galega.


Google cursos online
[ + info » ligazón externa ]

Google ofrece varios cursos gratuítos sobre diferentes temáticas: desenvolvemento profesional, marketing dixital e datos e tecnoloxía


Open Culture. O sitio da cultura aberta
[ + info » ligazón externa ]

A  plataforama “Open Culture” reúne recursos de comunicación culturais e educativos de alta calidade para a comunidade mundial de aprendizaxe ao longo de toda a vida. A misión de Open Culture é centralizar e dar acceso a este contido de alta calidade. Podemos atopar aquí gran cantidade de películas, libros, audiolibros, cursos en liña, clases de idiomas estranxeiros e moito máis de balde e nun só lugar.


FOTOGRAFÍA


Arquivo da Imaxe do Porriño
[ + info » ligazón externa ]

Boa ocasión para revisar parte do fondo documental que o Arquivo da Imaxe do Porriño pon ao servizo da sociedade na rede.


MAXIA


Maxia en casa, do Instituto de Maxia
[ + info » ligazón externa ]

Cada venres ás 19:00 h. un directo para facer maxia en casa. Un intre en familia facendo maxia, aprendendo e gozando de novas ilusións, goza de #Magiaencasa.


OPERA


Nightly Met Opera Streams. The Metropolitan Opera
[ + info » ligazón externa ]

The Metropolitan Opera emite cada noite a retransmisión dunha ópera a través de Internet, que está dispoñible durante as 23 horas seguintes.


POPCAST


Radio Ingrávida. O podcast das postfuncións da Sala Ingrávida
[ + info » ligazón externa ]

Anacos da historia do Porriño e contorna, contados por porriñeses e porriñesas dende a Sala Ingrávida, o espazo de gravitación artística do Porriño, e postos a disposición desde a plataforma de podcast Radio Ingrávida. Con intervencións do público, historias do Porriño e anécdotas divertidas.


Asociación Socio-pedagóxica Galega
[ + info » ligazón externa ]

A Asociación Socio-pedagóxica Galega ofrece na súa páxina web podcast de poemas e outros recursos literarios de autores/as galegas.


TEATRO


A Teatroteca
[ + info » ligazón externa ]

A Teatroteca abre a todos os fans a posibilidade de ver en streaming 1.500 obras de teatro, simplemente creando unha conta gratuíta. A Teatroteca é unha medioteca creada polo Centro de Documentación Teatral, pertencente ao Ministerio de Cultura e Deporte de España. Almacena máis de 10.000 obras de teatro e outros espectáculos escénicos, gravados desde 1976.


“Guerra de  identidade”, de Deborah Vukusic
[ + info » ligazón externa ]

Deborah Vukusic ofrece na súa canle de Youtube un vídeo coa obra de teatro completa “Guerra de  identidade”, dirixida por Avelino González da Compañía DeuVe. A peza Está baseada no poemario homónimo de Deborah que conta os sentimentos sobre a súa propia biografía e a do seu pai, un heroe do balonmán que acabou sendo condenado por crimes de guerra nos Balcáns.


“A ópera dos tres reás”, de Quico Cadaval
[ + info » ligazón externa ]

El primer espectáculo musical de gran formato del Centro Dramático Galego (CDG) “A ópera dos tres reás”, de la mano de Quico Cadaval en la dirección escénica; Diego García Rodríguez en la musical, y con Luis Tosar en el papel protagonista. 20 artistas en escena interpretando en directo música y canciones, para esta versión gallega del clásico de Bertolt Brecht y Kurt Weill.


“Baile de sombras”, de Fran  Godón
[ + info » descarga en PDF ]

Erregueté, a Revista  Galega de Teatro, comparte o texto que que se publicou no nº86 da revista e que se pode ler completo: “Baile de sombras”, de Fran Godón.


“O Tempo”, de Llüisa Cunillé
[ + info » descarga en PDF ]

Erregueté, a Revista  Galega de Teatro, comparte o texto que que se publicou no nº67 da revista e que se pode ler completo: “O Tempo”, de Llüisa Cunillé.


TURISMO


Galicia, na túa casa
[ + info » ligazón externa ]

Quedar na casa non significa que non se poida viaxar, aínda que sexa virtualmente. Móstrase nesta páxina varias opcións para poder visitar Galicia e os seus recursos turísticos de xeito virtual. Abre ben os ollos ante as propostas que se presentan. Galicia, a súa arte, a súa arquitectura, as súas catedrais, mosteiros…


Biblioteca Xacobea
[ + info » ligazón externa ]

Un percorrido do camiño de Santiago a través da historia: monografías, teses de doutoramento, catálogos de exposicións e actas de congresos xacobeos…


VER POR TEMÁTICA:

ConcelloLetras Galegas | Arte | Cinema
Conferencias | Contacontos | Danza | Formación
Fotografía | Maxia | Opera | Popcast | Teatro | Turismo


BOTÓN CALENDARIO

BOTÓN DESCARGAS

REXISTRO-ARTISTAS-LOCAIS

REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS


VOLVER AO INICIO ]


"cropped</p