Teatro. Noiteboa

| 29 de maio. 2016
| Ás 20:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño » ver mapa

Unha noite para rir, soñar e xamais esquecer

Espectáculo de teatro da compañía Redrum Teatro. Escrita por Borja F. Caamaño e Álex Sampayo e, dirixida por este múltimo chega esta traxicomedia, estreada hai unha semana, que conta no seu reparto con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo.

Chega o Nadal a Compostela e con el os agasallos, as panxoliñas, as ceas en familia e o xa tradicional rapto do Neno Xesús da Praza do Obradoiro.

Ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví fará todo o posible para que durante unhas horas, Arturo, Nico e máis ela sexan unha familia de verdade.

Máis información sobre “Noiteboa”, na súa web » ligazón externa


Logos patrocinioCabecera-web-ecultura.png