| 14 de maio. 2016
| Ás 12:00 h.
| Praza de Antonio Palacios » ver mapa
Un espectáculo baseado no libro infantil de “Manuel María”.
Unha proposta escénica na que músicos, e un titiriteiro se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padecio as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias. Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.
Máis información sobre Luís Vallecillo, na súa web » ligazón externa
Ver a programación da Feira do Libro de Galicia por días:
xoves 12 » venres 13 » sábado 14 » domingo 15 »