A Comuniteca

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 14/28 de outubro e 11/25 de novembro. 2016
| Ás 18:30 h.
| Requírese inscrición previa *
Biblioteca Municipal » ver mapa

A Comuniteca


A COMUNITECA

A comuniteca é unha comunidade construida arredor da biblioteca, dos libros e da lectura. Organizamos este proxecto de animación á lectura para que participen en conxunto pais, nais, nenos e nenas (de 0 a 6 anos) do Porriño.

A comuniteca desenvolverase a través de catro sesións de animación distintas. Cada día centrarémonos nun aspecto distinto do mundo da lectura e das historias, e tentaremos que os pais e nais aprendan técnicas e procedementos, mentres que os nenos e nenas se adentren no marabilloso mundo dos libros. Aínda que cada sesión se centrará nun tema distinto, a comuniteca ten un obxectivo común, e culminará cunha actividade final na que poremos en práctica todo o aprendido nas sesións previas.


AS ORIXES DAS HISTORIAS / O CONTACTO COS LIBROS

Na primeira sesión trataremos a orixe das historias e dos libros. Veremos os ingredientes esenciais que se usan para contar as historias: os conflitos, os personaxes, os sucesos… E tomaremos un primeiro contacto con elas e cos libros da mellor maneira posible: contando contos.


A NOSA HISTORIA: OS PERSONAXES / COMO CONTAR OS CONTOS?

Falaremos dos personaxes como elementos constitutivos dos contos, e das distintas maneiras que hai de contar contos. Cada familia escollerá aos protagonistas da súa propia historia, e aproveitaremos para tirar unhas fotos e gardalas para crear máis tarde o voso libro.


A NOSA HISTORIA: SUCESOS / COMO COMEZAR A LER?

Xa temos aos personaxes, e agora veremos como facelos actuar. Analizaremos os sucesos, as técnicas para crear unha aventura, e descubriremos como dende case calquera punto de partida podemos construir unha historia marabillosa.


 A EDICIÓN / LENDO XUNTOS

Recompilando todo o que aprendimos e fomos construíndo nas sesións anteriores, chegará o momento de abordar como se traslada todo ao papel: o mundo da edición. Falaremos das tipoloxías dos libros, os formatos e deseños, e veremos as posibilidades que temos de ler xuntos, en familia. Nesta última sesión, tamén editaremos o noso propio conto.


UNIDADE

Na comuniteca haberá aprendizaxe, entretemento, diversión e creatividade arredor da lectura, do libro e das historias. Todas as sesións da comuniteca estarán conectadas e finalizarán coa elaboración dun libro por familia, realizado entre todos e todas, que os levaredes para casa como recordo desta actividade de animación. Queremos que aprendades a crear e contar as vosas propias historias, porque pensamos que o lobo sempre será o malo, se soamente escoitamos a historia por boca de Carapuchiña.


* Inscrición: as persoas interesadas en participar nesta actividade deben realizar a inscrición previa, de xeito presencial, na biblioteca, para as catro sesións en conxunto.
As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.


logo-biblioteca-web-eculturaCabecera-web-ecultura.png