A Contateca: “As historias viaxeiras: kamishibai e teatro de papel”

| Xoves 7 de novembro. 2019
| Ás 18:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 4-11 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

"As historias viaxeiras: kamishibai e teatro de papel"

Un espectáculo da compañía Juste Kamishibaio.

Montaxe onde se interpretan contos e lendas de todos os continentes e historias propias que teñen como obxecto inculcar unha serie de valores relacionados coa cooperación, a igualdade, a concienciación ambiental e o interese pola lectura. Combina a manipulación do kamishibai e a técnica de luz emaki (teatro tradicional xaponés), escenarios despregabres pop-up e revisións persoais do teatro de papel.


"As historias viaxeiras: kamishibai e teatro de papel"


Que é o KAMISHIBAI?

Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a meniñas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe. Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentres os espectadores contemplan os debuxos. A lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama “butai”, de fronte ao auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentres se le ou texto.

"As historias viaxeiras: kamishibai e teatro de papel"


Contateca

Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png