A Contateca: “Contos Dada o duende”

| Xoves 17 de outubro. 2019
| Ás 18:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 3-12 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Contateca: "Contos Dada o duende"

Un espectáculo da compañía Eduvía.

O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballarán diferentes valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.


Contateca

Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png