A Contateca: “Daniela pirata”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Xoves 5 de decembro. 2019
| Ás 18:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 3-8 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Contateca: “Daniela pirata”

Un espectáculo da compañía Donde viven los cuentos.

Daniela ten un soño: converterse nunha das mariñeiras do temido barco pirata  Caimán Negro . Para facelo enfrontarase a todas as probas que lle propón o capitán do veleiro, e supera todas brillantemente. Pero parece ser que por ser unha moza, non se lles permite ser pirata. A enteira tripulación apoiará a desaprobación de Daniela e esta non só converterase en mariñeira, senón na nova capitá da tripulación!

A discriminación de xénero é unha das máis terribles e das máis duras de erradicar nas culturas. Daniela pirata é un álbum que se fai eco da necesidade de cambio que empeza a pedirse desde a nosa sociedade “evolucionada”. Si, porque a pesar do que moitos e moitas poidan crer, a desigualdade empeza desde a primeira infancia e vainos marcando ao longo de cada etapa da nosa evolución, ata facernos elixir un traballo en vez que outro, unha parella en vez que outra, unha enteira vida en vez que a nosa propia.

Daniela é unha nena moi segura de se mesma, teno claro: ela quere ser pirata! Vai a bordo do seu veleiro, libre como o aire e clara como a auga. Sen dar tantas voltas vai recta cara á súa meta: o barco pirata onde quere exercer! Daniela é un personaxe forte pero á vez alegre, determinada pero risueña, que sabe ben o que necesita para cumprir os seus soños.


A Contateca: “Daniela pirata”


Contateca

Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png