A Escola Municipal de Música do Porriño abre a preinscrición para o curso 2020/2021

| Prazo de inscrición do 1 de xullo ao 20 xullo. 2020

Preinscrición Escola Municipal de Música


Botón descarga documento de inscrición


A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de preinscrición para o curso 2020/2021. A partir do 1 de xullo e ata o 20 do mesmo mes, pódense solicitar as prazas. A folla de solicitude de praza descargarase nesta páxina web (desde o botón que encabeza esta entrada) e entregarase no Rexistro Xeral do concello, previa solicitude de cita (instrucións ao pé deste texto).

 A oferta da Escola Municipal do Porriño acolle a nenos e nenas dende os 4 anos en Música e Movemento, e ademais de Linguaxe Musical para nenos, mozos e adultos, ofrece as especialidades de violín, viola, violoncelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, oboe, clarinete, saxofón, frauta travesera, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba, percusión tradicional, e conta con agrupacións como Banda, Orquestra de Cordas, Música Tradicional e Coral Infantil así como Coral Polifónica de adultos. 

A matrícula realizarase no mes de setembro unha vez que se publiquen as listas de admitidos. Intentarase respectar os horarios deste curso no próximo, na medida do que sexa posible coa aplicación dos protocolos COVID-19 e as medidas de limitación de aforo que se impoñan.


Como solicitar a cita previa para o Rexistro Xeral

> Chamando ao teléfono 986 335 000 e solicitando cita.

> Na sede electrónica do Concello do Porriño (non é necesario ter certificado electrónico, so un correo electrónico), a seguir as instrucións do proceso:

  1. Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)
  2. Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”
  3. Seleccione “CITA PREVIA”
  4. Seleccione “Rexistro”
  5. Seleccione a axenda “Rexistro 1”
  6. Seleccione a data dispoñible que desexe
  7. Seleccione o horario dispoñible que desexe
  8. Seleccione “CONTINUAR”

Instruccións proceso rexistro de praza na Escola Municipal de Música


Cabecera-web-ecultura.png