Acendido do alumeado de Nadal

| Mércores 5 de decembro. 2018
| Ás 20:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Programación cultural Nadal 2018. Concello do Porriño

O Porriño acende o alumeado de Nadal este mércores día 5 de decembro, ás 20:30 h. na Praza de Antonio Palacios, un acto que estará animado pola actuación de As Maimiñas.

O alumeado chegará este ano a todas as parroquias e, por primeira vez, tamén á zona da oficina de Correos ao redor das rúas Enrique Peinador, O Pinar e Cruceiro.

Inaugúrase así un intenso programa de actos e actividades de lecer, especialmente para as pequenas e pequenos, que abranguen exposicións, festivais, música, teatro, obradoiros, os anunciados Campamentos para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, amais da xa tradicional Festa Pre-Fin de Ano, a Cabalgata de Reis, a visita de Papa Noel o novo Concurso de Rondallas e, por suposto, a Cabalgata de Reis.

A estas actividades súmanse outras para todos os públicos coma o Festival de Panxoliñas, os días 14 e 15 de decembro; o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música, o día 20; concertos de jazz, os día 21 e 22; a Gala Benéfica da Asociación Bastón, o día 22 de decembro, no Centro Cultural Municipal; o Flashmob e exhibición de baile de Studio 57, o domingo 23; ou o Concerto da Orquestra de Cámara Galega, o domingo 6 de xaneiro.


As Maimiñas

As Maimiñas

Un espectáculo de contos fantásticos acompañados con música en directo e moita imaxinación.

As Maimiñas – dúo integrado por dúas profesoras de música: Lucía Lago, Mai, e Irene Álvarez Lago, Miña – visitan O Porriño para convidar a nenos e maiores a gozar dunha tarde navideña de música, baile e alegría.

As cancións que cantaban aos seus propios fillos e as invitacións para acudir aos colexios destes foron a semente da carreira artística de As Maimiñas. Nos seus espectáculos combinan as cancións e os contos e defenden de forma activa a educación dos pequenos en galego.

As Maimiñas amenizarán o acendido de Nadal.


Previamente, ás 19:00 h., o espectáculo: “A luz do camiño”, de Troula Animación [ + info ]


Cabecera-web-ecultura.png