Actividades de Verán na Escola Municipal de Música

| Ao longo do mes de xullo. 2016
Escola Municipal de Música » ver mapa

Para acudir ás actividades é necesaria a inscrición nas instalacións da Escola Municipal de Música, de luns a venres de 16:30 h. a 20:30 h.

A Escola Municipal de Música, en colaboración co Concello do Porriño, ven de poñer en marcha unha iniciativa que ten coma obxectivo fomentar a educación musical entre nenos e adultos da vila por medio dunha ampla oferta de cursos, que se impartirán na Escola durante o mes de xullo.

Dende os 3 anos, e sen límite de idade, os interesados en ampliar os seus estudos musicais o aqueles que queiran entrar en contacto coa música, poderán participar nestas actividades que abranguen dende coros, ata participar na banda de música ou na orquestra de cordas.

As nenas e nenos de 3 a 6 anos poden achegarse á Música e Movemento, participar no Coro Infantil, na Banda de pequena percusión ou a construción de instrumentos musicais; as nenas e nenos de 6 a 14 anos, en talleres adicados a ‘O linguaxe da música’, Coral Infantil e Xuvenil, Taller dos Instrumentos de da banda: vento, madeira, metal e percusión, taller de Violín e Violoncello e Conxunto de Frauta doce.

A partir dos 12 anos e afeizoados sen límite de idade: Coral Polifónica, Orquestra de Guitarras, Conxunto de frauta doce, Orquestra de instrumentos de corda, Conxunto de Música tradicional e Banda de Música.

Ademais, están programadas xornadas de portas abertas para coñecer a actividade da Escola, talleres para os mais pequenos, e un “interesante calendario de actividades para que o ensino musical estea ao alcance de as nenas e nenos, mozos e persoas maiores”, explica Javier Domínguez, director da Escola.


Cabecera-web-ecultura.png