| Domingo 12 xullo. 2020
| Ás 21:00 h.
| Praza de San Bieito » ver mapa
No ano 2.011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios centíficos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.
Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.
O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” convertiron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…
FESTAS DE SAN BIEITO
PROGRAMA
Actuación da arpista Marta Quintan [ + info ]
Sábado 11 de xullo • Ás 21:00 h. • Praza de San Bieito
Cinema na rúa: “O que arde” [ + info ]
Sábado 11 de xullo • Ás 23:00 h. • Praza de San Sebastián
Actuación do grupo Xardín desordenado [ + info ]
Domingo 12 de xullo • Ás 21:00 h. • Praza de San Bieito
Visita guiada ao cultivo de vimbeiras de Julia de la Cal [ + info ]
Monitorización de Faia Educación Ambiental
Luns 13 de xullo • Ás 18:00 h. • Saída desde a praza de San Bieito
> Require inscricción previa
Actuación do dúo Lagoa Folk [ + info ]
Luns 13 de xullo • Ás 20:00 h. • Praza de San Bieito
Tramas de vimbios, achega á cestería + Conversa coa artesá Julia de la Cal + Visionado de documental sobre a cestería + Producción final do conxunto escultórico
Luns 13 de xullo • Ás 21:00 h. • Praza de San Sebastián
Tirada de fogos de artificio
Luns 13 de xullo • Ás 23:00 h. • Barrio de San Bieito