Amosa a túa Corentena

Amosa a túa Corentena. Concello do Porriño

Na circunstancia actual é máis importante ca nunca estarmos unidos e unidas, compartir e relacionarmos doutro xeito. Desde o Concello do Porriño queremos convidar á cidadanía  para que bote unha man a alixeirar este confinamento, presentándovos Amosa a túa Corentena, unha oportunidade para descubrirnos.


VER OS VÍDEOS >


Como se artella?

  • Envíanos os teus vídeos a cultura@oporrino.orgdesde a Concellería de Cultura subirémolos a esta páxina e todas e todos gozaremos dos contidos que compartas.
  • A maioría dos vídeos terán un peso superior a 10  MB así que, recoméndase o emprego de programas de transferencia de arquivos grandes como WeTransfer (gratuíto, sinxelo de empregar e soporta arquivos de ata 2 GB).
  • Ademais, terás que cubrir a folla de inscrición que nos habilita para almacenar, tratar e compartir o contido publicamente.
  • A folla de inscrición, tamén podes enviala a través de WeTransfer ou directamente á dirección de correo cultura@oporrino.org. Ten en conta que se envías por distintas canles a inscrición e o arquivo de vídeo, terá que coincidir a dirección de mail para que podamos asociar os dous envíos.

Quen pode participar en Amosa a túa Corentena?

Poden participar as persoas, do municipio e tamén da contorna, con inquietudes e ganas de transmitir os seus coñecementos, experiencias, hobbies ou calquera outra cousa que entenda que poida ser interesante ou de utilidade para o resto da poboación  e así levar mellor estes días de estadía na casa.

Sabemos do teu talento, vén compartilo!

Os profesionais ou empresas locais, tamén poden colaborar, porque sabemos que a saída desta crise será especialmente dura para o comercio local e esperamos que Amosa a túa Corentena poida ser de utilidade para reforzar a súa presenza.
Iso si, sen incluír publicidade excesiva no vídeo porque imos pedirche as ligazóns a túa web e/ou redes sociais e darche a promoción que mereces de forma axeitada.


Botón descarga documento de inscrición


Ollo!

  • Os vídeos terán que ser en formato horizontal e deberán ser gravados durante o período de corentena imposto para frear o avance do Covid-19.
  • Se aparece algún menor de idade, o seu titor ou a súa titora terán que autorizar de forma expresa a súa participación na folla de inscrición.
  • Se o vídeo inclúe unha canción con dereitos de autor podería ser censurado polo servizo de aloxamento de vídeos, ten isto en conta e trata de evitalo.
  • Por suposto, non se consentirá ningún contido que promova a violencia, o machismo o odio ou calquera outra actitude que atente contra a dignidade das persoas ou vulnere os valores e dereitos recoñecidos na Constitución especialmente no que se refire á infancia, xuventude e á muller.
  • Excluiranse os contidos que inclúan opinións políticas
  • Lembra autorizarnos para almacenar, tratar e compartir o contido publicamente. O vídeo, publicarase nesta páxina, empregando a plataforma de Youtube, poderá ser difundido nas redes sociais do concello, e tamén cabe a posibilidade da súa incorporación ao Arquivo Municipal da Imaxe, dando difusión de Amosa a túa Corentena desde a páxina web www.arquivodaimaxedoporrino.org

Para resolver calquera dúbida sobre a participación en Amosa a túa Corentena, ponte en contacto coa Concellería de Cultura a través do e-mail: cultura@oporrino.org


AMOSA A TÚA CORENTENA


Julia de la Cal, de La Parabólica, preséntanos un vídeo sobre cestería de emerxencia – Plaiting. Desde casa, con ferramentas básicas e reutilizando materiais domésticos.

    • Participantes: Julia de la Cal.
    • Créditos: La Parabólica.
    • Ligazóns a La Parabólica: Web | Facebook | Instagram

Harold Iglesias le poemas de “Masculino singular”, do poeta Carlos Negro.

  • Participantes: Harold Iglesias.

Paz Carballo le un un trociño dunha obra de María Canosa: “O lado do que dormes”.

  • Participantes: Paz Carballo.

Patricia recita un poema de “Aqueles doces cantares, unha ofrenda musical a Rosalía de Castro”.

  • Participantes: Patricia.

Aurora Rivas le un un trociño dunha obra de María Reimóndez: “As estacións do lobo”.

  • Participantes: Aurora Rivas.

Juana le “O muiñeiro”, de Xosé Neira Vilas.

  • Participantes: Juana.

Tatán le un párrafo de “Ninguén”, de Fran Alonso.

  • Participantes: Tatán.

Laura Diz recita un texto de Rosalia de Castro, incluido no libro “Follas Novas”.

  • Participantes: Laura Diz.

Desde a AA.VV. de Chenlo chéganos este vídeo recitando ” Pra a Habana!”, de Rosalía de Castro.

  • Participantes: AA.VV. de Chenlo.

Santi Bastos lenos un trociño de “Terra brava”, de Anxel Fole.

  • Participantes: Santi Bastos.

María Olga Alonso recita un poema de Rosalía de Castro: “Adios, ríos; adios, fontes…”

  • Participantes: María Olga Alonso.

Candela lenos un trociño do libro “Sempre tes que meter o nariz”, de Victor Raga.

  • Participantes: Candela.

Hanna canta Negro caravel, versos da poetisa galega Rosalía de Castro incluídos na súa obra “Cantares Gallegos”.

  • Participantes: Hanna.

Noa recita o poema “Princesa (contra) Disney”, do libro Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.

  • Participantes: Noa.

Araceli Saavedra recita un poema de Alba María, incluido no libro “Alguén que respira”.

  • Participantes: Araceli Saavedra.

No noso portal da rúa Codesal, aproveitamos o confinamento para coñecernos máis entre veciñxs, compartir e axudarnos.

  • Participantes: Sefi, Ysa, Silvia, Hugo, Paula, Zaira, Susana, Marcos e Alberto.
  • Créditos: veciñxs da rúa Codesal Nº9.

Lectura do manifesto do Día Mundial do Teatro polo alumnado da escola de teatro de Xerpo, na Sala Ingrávida.

  • Participantes: Xoana, Julieta, Raúl, Abraham, Telma, Sabela, Susana, Irene, Laura, Aldara, Carla, Ruth, Daniel, Tiffany, Lidia, Eva, Leonardo, Noa, Nía, Sabela e Álex.
  • Créditos: Sala Ingrávida.
  • Ligazóns á Sala Ingrávida: Facebook
  • Ligazóns a Xerpo: Web

O capítulo en confinamento da serie de teatro comunitario da Comuna de Ingrávida: “Que quede entre nós”, na que os personaxes alternan as súas escenas como personaxes con segredos persoais.

  • Participantes: Ánxeles, Diego, Sophie, Ines, Esmeralda, Samu, Álvaro, Pedro, Susana, Porto, Mari, Sonia, Álex, Flor, Irene.
  • Créditos: Sala Ingrávida.
  • Ligazóns á Sala Ingrávida: Facebook
  • Ligazóns a Xerpo: Web

Videoclip realizado polos alumnos da Aula de Música Pianagrama. Foi grabado tanto en son como en vídeo cos sous teléfonos móbiles, sen ningún medio técnico máis, e misturado nun ordenador de casa por un técnico de Parolas durante a corentena da pandemia de COVID-19 que comenzou en marzo de 2020. É unha forma de apoiar tanto ós profesionales que poñen cada día as súas vidas en perigo e as das súas familias para que poidamos ter servizos básicos e atencións médicas, así coma a todas aquelas persoas que axudan ficando na casa. Porque entre todos superaremos isto.

  • Participantes: Juan, Jorge, Telma, Uxía, Irene, Pablo, Kiri, David, Sergio, Ana e Fran.
  • Créditos: Aula de Música Pianagrama e Parolas Estudios, baixo a dirección de Ana Belén Rodríguez e Fran Leboso.
  • Ligazóns á Aula de Música Pianagrama: Web | Facebook | Instagram

O vídeo mostra un resumo dun dos días no que Ana Belén Rodríguez García, pianista profesional mosense afincada neste intre no Porriño, sae a tocar ao balcón do piso no que reside, para entreter e animar ós seus veciños e veciñas da praza da Rúa Cando, onde está o parque infantil.

  • Participantes: Ana Belén Rodríguez García.
  • Créditos: Ana Belén Rodríguez García, pianista profesional, e Parolas Eventos.
  • Redes sociais de Ana Belén Rodríguez García: Youtube | Facebook

    AMOSA A TÚA CORENTENA. DEPORTE NA CASA


    Décima e derradeira quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa. O encargado de pechar este ciclo é Dani Mouriño, coordinador do Club Atletismo Porriño, pecha este ciclo cunha rutina de exercicios para a mobilidade articular.

    • Participantes: Daniel Mouriño, coordinador do Club Atletismo Porriño.
    • Enlaces ao Club Atletismo Porriño: WebFacebook | Instagram | Twitter

    Iker Besada, preparador físico do club Porriño Baloncesto Base, é o encargado de facer esta entrega do ciclo #Porriñodeportenacasa. Unha pauta de exercicios para fornecer a zoa abdominal, costas e coxas.

    • Participantes: Iker Besada, preparador físico do club Porriño Baloncesto Base.
    • Enlaces ao club Porriño Baloncesto Base: Facebook | Instagram | Twitter

    Nesta octava quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa, ofrécese o vídeo realizado por Adrián San Marcial, coordinador físico dos equipos da base do Porriño Industrial, que nos propón coidados para o tren inferior do corpo mediante dez exercicios.

    • Participantes: Adrián San Marcial, coordinador físico dos equipos da base do Porriño Industrial C.F.
    • Enlaces ao Porriño Industrial C.F.: WebFacebook | Instagram | Twitter

    Nesta séptima quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa, ofrecemos o vídeo realizado por Pablo Sanromán, adestrador físico do club Porriño Industrial C.F. que nos propón exercicios para o tren superior do corpo.

    • Participantes: Pablo Sanromán, preparador físico do Porriño Industrial C.F.
    • Enlaces ao Porriño Industrial C.F.: WebFacebook | Instagram | Twitter

    María Artos, 1ª adestradora do Club Patín Porriño encárgase, nesta entrega do ciclo #Porriñodeportenacasa, de presentarnos exercicios para embarazadas.

    • Participantes: María Artos, 1ª adestradora do Club Patín Porriño.
    • Enlaces ao Club Patín Porriño: Facebook | Instagram

    Pablo Alonso “Karpin”, adestrador físico do Porriño Baloncesto Base (PBB) encargase nesta quinta quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa de presentarnos exercicios adaptados para persoas con movilidade reducida en cadeira de rodas.

    • Participantes: Pablo Alonso, adestrador físico do club Porriño Baloncesto Base.
    • Enlaces ao club Porriño Baloncesto Base: Facebook | Instagram | Twitter

    Cuarta quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Ana Cristina Oya, 2ª adestradora do Club Patín Porriño, amósanos unha sinxela clase de baile para axudarnos a facer exercicio e levar mellor a corentena.

    • Participantes: Ana Cristina Oya, 2ª adestradora do Club Patín Porriño.
    • Enlaces ao Club Patín Porriño: Facebook | Instagram

    Terceira quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Mary Artos, primeira adestradora do Club Patín Porriño, amósanos exercicios para a columna e zona lumbar para o mellor coidado das nosas costas.

    • Participantes: Mary Artos, primeira adestradora do Club Patín Porriño.
    • Enlaces ao Club Patín Porriño: Facebook | Instagram

    Xoel Souto, preparador físico da Unión Deportiva Atios, é o encargado de facer esta segunda entrega do ciclo #Porriñodeportenacasa. Nesta quenda, Xoel preparou unha serie de exercicios para o mellor mantemento físico das persoas maiores de 80 anos que a consecuencia do estado de alarma, permanecen confinados nos seus fogares e non poden saír ás rúas.

    • Participantes: Ana Alonso, preparadora física do Club Balonmán Porriño.
    • Enlaces á Unión Deportiva Atios: Facebook | Instagram | Twitter

    Ana Alonso, preparadora física do Club Balonmán Porriño ofrécenos a primeira clase que vai dirixida especialmente a persoas maiores, entre 70 e 80 anos, con bo estado de saúde e sen patoloxías previas graves. Pertence ao ciclo de vídeos baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa.


    Cabecera-web-ecultura.png