Animación á lectura. Lúa ConLuvas

| Todos os xoves, de xaneiro a xuño e de setembro a decembro. 2016
| Ás 18:30 horas
| Poboación Infantil
Biblioteca Municipal » ver mapa

Lúa ConLuvas

Lúa ConLuvas é unha actividade de animación á lectura que se entende como unha proposta didáctica e divertida ao mesmo tempo. Esta personaxe de animación, que vai máis alá do que coñecemos como “contacontos”, é unha exploradora e viaxeira incansable que vive na Biblioteca Municipal do Porriño. Todas as semanas parte de viaxe a un país distinto, levando sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas aventuras, e onde garda os recordos de cada país visitado, para volver todos os xoves á biblioteca e contarlle aos nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo.

Máis info sobre Lúa ConLuvas no seu perfil de Facebook » ligazón externa


logo-biblioteca-web-ecultura
Cabecera-web-ecultura.png