Animación de rúa: Os Festicultores

| 24 de setembro. 2016
| Ás 20:00 h.
| Rúas do centro da vila

festicultores_

Cultivando cultura fresca, creativa e de calidade dende 2003.

Festicultores é unha banda musical cun obxectivo común: cultivar a festa máis salvaxe e vigorosa a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral. Alá onde vexas o seu nome, a diversión está asegurada… e ti sábelo!

Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia despregan a súa mellor colleita de música, humor, baile e desinhibición. A festicultura percorre as rúas e palcos de Galicia liberando un tsunami de endorfinas que converte cada verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo. Unha espectacular mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén.

Máis información sobre Festicultores, na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png