Animación de rúa. Sábado de Entroido

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 22 de febreiro. 2020
| De 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:00 h.
| Rúas da vila

IMAGEN_WEB_2020_febreiro

ANIMACIÓN DE RÚA


Os Festicultores Troupe

Festicultores Troupe Entroido 2020

Cultivando cultura fresca, creativa e de calidade dende 2003.

Festicultores é unha banda musical cun obxectivo común: cultivar a festa máis salvaxe e vigorosa a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral. Alá onde vexas o seu nome, a diversión está asegurada… e ti sábelo!

Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia despregan a súa mellor colleita de música, humor, baile e desinhibición. A festicultura percorre as rúas e palcos de Galicia liberando un tsunami de endorfinas que converte cada verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo. Unha espectacular mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén.


The Turre´s Band

The Turre´s Band. Entroido 2020

18 anos repartindo zapatilla, levantando turreiros, auditorios, salas e festivais.

The Turre’s Band son un grupo galego nacido no ano 2001. Musicos de profesión e festeiros de vocación. Lume bravo polas veas e vento furacanado nos pulmóns que fan tremer os escenarios e torreiros alá por onde van.

Música que non distingue de idades, fronteiras e sexos. A sensación de sentir a música chegando ao máis fondo da ialma, mentres os pés non paran de brincar, retouzar e bailar o ritmos do Ska, blues, balkan ou verbeneo galego de hoxe e de sempre. O sentido do humor e ningún sentido do ridículo fan do grupo unha experiencia única no panorama músical galego.

Pioneiros da música Balkanica en Galiza, do Ska clasico, da muiñeira-ska e da verbena clandestina.


Charanga do Dr. Anchoa

Charanga do Dr. Anchoa. Entroido 2020

A primeira charanga do mundo con wifi incorporado…pide a clave..

Filatrónika internacional, para a animación de festas populares, desfiles e todo tipo de eventos.

A Filatrónika do Doutor Anchoa é unha das charangas máis populares do Carballiño, poucas veces deixan indiferentes cas súas peculiares, estrambóticas e coloridas vestimentas, ademais de por o seu bo traballo musical.


Charanga Fanfarria Furruxa

Charanga Fanfarria Furruxa. Entroido 2020

Tocan desde unha bachata ata un corrido mexicano con gaitas

Fanfarria Furruxa formouse no ano 2016, cunha música diferente, combinando varios estilos e mesturando as tubaxes con outros instrumentos de percusión. Fan música en galego ou adaptan temas de outros países a nosa cultura popular.


Cabecera-web-ecultura.png