Animación infantil: “A illa sen tesouro”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Xoves 29 de agosto. 2019
| Ás 19:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
> En caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural Municipal

Animación infantil: “A illa sen tesouro”

Un espectáculo da Cía Teatro Ghazafelhos

“A illa sen tesouro” é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos.  Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, unha cova e nunha  empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público, da fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, pelexas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e unha chiscadela a un clásico literario para toda a familia.


Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que nos sorprende con cada nova das súas producións, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia. No seu repertorio destacan obras como FrankensteinNana para un SoldadoBon Appetit, Irinha Bailariña e un longo etcéteraPepablo Patinho e Montse Piñón son tamén os actores protagonistas do musical de Magín Blanco A nena e o grilo nun barquiño. Nos últimos tempos destacan montaxes como Rubicundo, baseado no libro homónimo de María Canosa ou Lúa, unha tenra historia sobre as relacións humanas e o mundo dende a ollada dos nenos. O humor incomparable dos Ghazafelhos fai desta compañía unha das preferidas polas familias.


Animación infantil: “A illa sen tesouro”


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png