Animación na rúa: Batucada Bloquinho Aperta

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 29 de setembro. 2018
| De 12:00 a 14:30 h. e de 19:00 a 20:00 h.
| Rúas da vila

Batucada Bloquinho Aperta

A Asociación de Percusionistas e Tamborileiros (A.PER.TA) nace no ano 2004 na cidade de Vigo co fin de apoiar e promover música en xeral, particularmente a percusión.

O Bloquinho de samba Aperta é a formación máis destacada por idade, experiencia e popularidade.

Esta formación leva ás súas costas infinidade de actuacións en festas, festivais, concertos… por toda a xeografía galega, mesmo fóra dela, ate o día de hoxe.

O Bloco de Aperta gañou varios premios en diversas localidades, entre os que se atopan «Comparsa máis festeira», «Mellor caracterización no enterro do meco» ou «Comparsa de mellor ambientación musical en directo».

Esta asociación tamén desenvolve outro tipo de actividades coma cursos de formación e obradoiros de diferentes temáticas, sempre relacionados coa percusión. En termos xerais, Aperta é percusión, baile, animación, potencia de son, ritmo e boa enerxía. Esta formación causa unha sensación e un ambiente entre o público difícil de igualar.


Batucada Bloquinho Aperta


Cabecera-web-ecultura.png