Apertura de inscricións para o obradoiro “Faino ti”: manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados

| Obradoiro: Tódolos venres, do 8 de novembro ao 20 de decembro. 2019
| De 17:00 a 19:30 h.
Centro Cívico do Porriño (Rúa Domingo Bueno, nº 13 – 2º andar) » ver mapa
| Requírese inscrición previa

Programa Tecendo Lazos 2019

Organiza: OMIX do Concello do Porriño


Inscricións: 1 ao 23 de outubro.
Recollida de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello do Porriño, na OMIX ou en www.depo.gal
Mais info no teléfono 986 337 624, ou en omix@oporrino.org
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
– Fotocopia do DNI/NIE das persoas inscritas na solicitude
– Xustificante de empadroamento
– Autorización de participación no programa (só para menores de 12 a 17 anos que acudan sós ao obradoiro)

Botón solicitude de inscrición

Botón solicitude de inscrición. Anexo II


MANUALIDADES DE MOLDEADO E PINTADO CON OBXECTOS RECICLADOS

  • Diversidade de obras plásticas e decorativas mediante a reciclaxe: botellas decorativas, adornos decorativos de nadal con materiais reciclados.
  • Técnicas de pintura. Realización e posterior pintado e decoración de camisetas. Pintar botellas de cristal para decoración.
  • Modelado con pasta de papel. Modelado con pasta de papel de obxectos decorativos, colgantes, máscaras, cuencos, etc.
  • Técnicas de decoración Remodelación de obxectos que traian de casa (lapiceiros, xarróns vellos, marcos de fotos…)
  • Módulo “A historia do meu concello”

Terá unha duración de 16 horas das cales  12 horas serían un módulo espécifico e ás 4 restantes outro transversal: “A historia do meu concello”.

Terá como destinatarias principalmente as familias dos concellos que se adhiran ao programa. Poderán participar persoas de entre 6 e 99 anos. Terán preferencia aquelas persoas que formen parte da mesma familia, anótense xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.).

O último día do obradoiro realizarase o acto de entrega de diplomas para os asistentes.

As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta.

As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos incluídos) que queiran acudir sós, deberán presentar o consentimento por escrito da nai ou pai ou da titora ou titor.

Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros municipios sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do Concello escollido e que non se cubrisen todas as prazas.


O programa “Tecendo lazos” ten como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizaxe e o intercambio recíproco de recursos, ideas e valores encamiñados a producir lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Promoverase nas persoas maiores o envellecemento activo, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas melloraranse as súas habilidades sociais, a empatía e a tolerancia cara ao diferente.


Programa Tecendo Lazos 2019


Patrocinio Deputación OMIXCabecera-web-ecultura.png