Atletísmo: milla urbana

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 30 de setembro. 2016
| Ás 18:00 h.
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

VII Carreira Urbana Festas do Cristo 2016

O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a VII Carreira Urbana “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 30 de setembro de 2016. O horario de comenzo das probas será as 18:00 h.

Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo Porriño, coa supervisión dun xuíz árbitro.

A inscrición é totalmente gratuita. Para a Carreira Popular e a Carreira Elite, pódense anotar atletas via online ata o día 28 de setembro ás 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño [ click aquí para acceder á inscrición ] . Para as categorias menores, non é preciso anotarse, e basta con que estean na liña de saída no momento de comezo das probas.

Consultar o regulamento da proba » ligazón externa

Máis información sobre o Club Atletismo Porriño, na súa páxina web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png