Batalla de debuxantes “ImprovisDado”

Batalla de debuxantes “Improvisdado”

BOTON INSCRICIÓNS E BASES


Esta iniciativa vai dirixida a debuxantes. Este concurso busca potenciar a expresión artística mediante a creación de espazos que faciliten novas formas de intervención creativa baseadas no debuxo e a pintura, querendo romper cos estándares e “normas non escritas” da arte, na procura da expresión persoal sen cancelas do/a artista.

A finalidade principal desta iniciativa é ofrecer un espazo creativo onde pasalo ben, amosar e apoiar o traballo dos/as artistas, favorecendo as relacións e conexións contraculturais das persoas mediante a participación activa na rúa. 

O concurso estará dirixido por un presentador (speaker) encargado de convocar aos participantes, comunicar o desenvolvemento da competición en todo momento, e dinamizar o concurso. 

Paralelamente ao concurso, desenvolverase unha sesión Dj por parte dun/unha artista convidado/a que aportará o ambiente musical. 


Destinatarios

A presente convocatoria vai dirixida a debuxantes con idades comprendidas ente os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira que desenvolvan de xeito profesional ou amateur algunha das seguintes disciplinas artísticas relacionadas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada. 


Premios

Os/as autores/as ou autor/a do mellor debuxo será premiado cun trofeo orixinal e unha dotación económica de 200€, o segundo premio trofeo máis 150€ e o terceiro premio trofeo máis 100€, sendo estas cantidades premios únicos e indivisibles. 

O concurso tamén contemplará o aporte de premios especiais en especias, para os concursantes que con independencia da clasificación obtida no concurso, demostren un talento ou habilidade que destaque sobre o resto (orixinalidade, rapidez, estratexia…). 

A entrega dos premios terá lugar o 19 de Setembro de 2020 en O Porriño no espazo previsto para a realización da fase final da competición. 


Inscrición

A inscrición para o concurso “IMPROVISDADO” é de balde. 

A participación no concurso será individual ou en parella (consultar). 

Os debuxos presentaranse por vía electrónica en formato .jpg ou .pdf cunha resolución igual ou superior a 1200 px por 1200 px, enviándoos escaneados ao correo info@vellaescola.com e co asunto: “INSCRICIÓN CONCURSO IMPROVISDADO”. O autor/a gardará o debuxo orixinal para ser presentado na fase final en caso de resultar seleccionado. 

O prazo de presentación de solicitudes e dos debuxos será do 1 de maio ao 30 de xuño de 2020. 

Non se admitirán solicitudes de inscrición fora do prazo indicado. A data de inscrición considerada será a de recepción do correo electrónico. 


Cartel ImprovisDados


BOTON INSCRICIÓNS E BASES


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png