Cabalgata Real das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente

| Domingo 5 de xaneiro. 2020
| Ás 18:00 h.
| Rúas da vila

Cabalgata Real das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente


O Porriño agarda xa aos Reis Magos, que chegarán o domingo, día 5 ás 18:00 h. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola noite, o reparto dos xoguetes.

Os Reis, logo de saír da rúa Doantes de Sangue, percorrerán a Avenida Antonio Palacios, continuarán por Domingo Bueno, San Sebastián, San Benito, Manuel Rodríguez e Ramón González para chegar, sobre as 20:00 h. á praza Arquitecto Antonio Palacios.

Na praza do Concello, haberá un palco onde se disporán os tronos dos tres Magos nos que recibirán as nenas e nenos que se acheguen a saudalos, escoitarán os seus últimos pedidos, collerán as súas últimas cartas e posarán para as fotos que os pequenos queiran facerse con eles. No caso de choiva pasaríase á carpa Roxy.

A música poñerana as panxoliñas e as rondallas de Pontellas e Atios, que se situarán ao principio e ao final da comitiva e por suposto, haberá caramelos brandos e sen gluten.


RETRANSMISIÓN EN STREAMING

Programado para o 5  de xaneiro de 2020, ás 18:00 h. Poderase ver en directo a Cabalgata Real das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, desde aquí:


RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE

 

  1. Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
  2. Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.
  3. Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento. Así que é mellor non deixar que os nenos se acheguen a elas por moito que queiran tocar ós Reis Magos.
  4. É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.
  5. Non distraer aos condcutores que levan os vehículos da Cabalgata
  6. Non perder de vista aos máis pequenos. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.
  7. É recomendable que as crianzas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden.
  8. Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.


Cabecera-web-ecultura.png