Charla coloquio: A linguaxe canina

| Días 6/7/8/9/10/16/21 de febreiro. 2017
| Centros educacionais da vila

Charla coloquio: A linguaxe canina

Relatora:
Dna. María Cris Diz Carrera. Asociación Protectora de Animais Lena, do Porriño

A Concellería de Educación organiza, nos colexios do Porriño, obradoiros de ‘Aprendizaxe da linguaxe dos cans’, para evitar mordeduras.

A Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsa a realización dun obradoiro, nos colexios do Porriño, dirixido a nenos e nenas de 2º de primaria, para a Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo está enfocado a evitar as mordeduras.

Segundo un estudo realizado polo Complexo Hospitalario Juan Canalejo de A Coruña, o 75% das mordidas de cans sucédenlle a nenos e nenas menores de 14 anos, con predilección polos nenos a respecto das nenas. O 65% das lesións localízanse na cabeza e pescozo.

Porén, os especialistas recomendan que se informe acerca de esta problemática, para lograr una conciencia social e conseguir establecer unas normas de prevención, tanto no ámbito familiar como social, para axudar así a evitar, ou cando menos reducir,a ampla frecuencia de estas lesións.

Para realizar este actividade contarase cun can, ‘Choupas’. A mesma está dirixida a un máximo de 20 asistentes en cada sesión, que terá unha duración duns 45 minutos e na que se explicarán aos rapaces os sinais comunicativos dos cans.

A finalidade é a de saber como achegarse a un can, aprender en que momento non debemos acariñalo, que parte de noso corpo non debemos achegarlle, que facer cando nos atopamos cun can que ven cara a nós, que facer cando nos tira ao chan, como non actuar diante del.

Para elo as rapazas e rapaces aprenderán a distinguir entre un can ou cadela asustada, leda ou enfadada, que teñen que facer antes de acariñala e que sinais deben buscar para tranquilizala, ou tranquilizalo.


  • Colexio Santo Tomás > luns, 6 febreiro 9:30 h. 2º e 3º curso
  • CEIP Xosé Fernández López > martes, 7 febreiro 10:00 h. 1º curso
  • CEIP Antonio Palacios > mércores, 8 febreiro 10:00 h. 2º curso
  • CEIP da Cruz – Budiño > Xoves, 9 febreiro 10:00 h.
  • CEIP de Atios > venres, 10 febreiro 10:00 h. 2º curso
  • CPI da Ribeira > xoves, 16 febreiro 10:00 h. 2º e 3º curso
  • Colexio Hermanos Quiroga > martes, 21 febreiro 10:00 h. 2º e 3º curso

Máis info sobre a Protectora de Animais Lena no seu blogue » ligazón externa
Perfil de Facebook da Protectora de Animais Lena » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png