Charla coloquio: Como vencín aos xadrecistas

| 11 de febreiro 18 de febreiro. 2017
| Ás 18:15 h.
Centro Veciñal San Salvador de Torneiros » ver mapa

xadrez

O vindeiro venres, 18 de febreiro, ás 18:15 h, o Centro Veciñal San Salvador de Torneiros acollerá unha charla-coloquio sobre xadrez, coa mestra internacional de xadrez WMI Karen Zapata (Perú).

Esta actividade é froito da colaboración de Xadrez Galego co Concello do Porriño, que desenvolven o proxecto “Xadrez no Porriño”, que pretende crear un club de xadrez porriñés.

Baixo o título “Como vencín a os xadrecistas”, a campioa peruana de xadrez iberoamericano fará un percorrido pola súa vida, cos seus grandes éxitos e as súas maiores dificultades, contadas con sinxeleza e emoción, e que acompañará con imaxes do seu querido Perú e mais das súas viaxes competindo polo mundo.

Esta muller, nai de tres fillos e campioa de xadrez, consegue motivar e sensibilizar o público co relato da súa experiencia vital, que resume no proverbio chinés: “se caes sete veces, levántate oito”.

Ademais relatará tamén os seus próximos retos e provocará un divertido e participativo coloquio.

A charla-coloquio está aberta a todas as idades, e está especialmente orientada ás persoas afeccionadas ao xadrez, deportistas e colectivos desfavorecidos (persoas desempregadas, discapacitadas ou maiores), para as que tamén dará consellos para motivarse na vida.

Máis info sobre Xadrez Galego na súa páxina web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png