Charla coloquio: “Vigueses e porriñeses mortos nos campos de concentración nazis”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Xoves 15 de marzo. 2018
| Ás 20:00 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
| Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Vigueses e porriñeses mortos nos campos de concentración nazis

Este xoves, no Centro Cultural Municipal, organizada pola asociacción ‘Levada Libre’ e o Concello do Porriño, conferencia sobre os ‘Vigueses e Porriñeses nos campos de concentración nazis’

Organizadas pola asociación Levada Libre, coa colaboración do Concello do Porriño, este xoves, día 15 de marzo, ás 8 da tarde no Centro Cultural Municipal, rematan as xornadas da “Semana da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña”.

As mesmas abrangueron actos, conferencias e coloquios en Tui, o pasado día 3, Salceda, o pasado xoves, 8, da man do historiados Xosé Álvarez,quen falou sobre la República e o seu sistema educativo, e a ‘reinaguración’ do monumento aos asasinados polo réxime de Franco na ‘Volta da Moura’.

O peche correrá a cargo de María Torres, quen falará dos ‘Vigueses e porriñeses mortos nos campos de concentración nazis’, deportados aos mesmos, situados en Europa e no Norte de África, logo de combater coma resistentes, espías, soldados na Francia libre ou no Exército Soviético.


Cabecera-web-ecultura.png