Charla: “Enfermidades de transmisión sexual”

ACTUALIZACIÓN: actividade aprazada

| Martes 22 de outubro. 2019
| Ás 08:45 h.

IES Pino Manso » ver mapa
| Actividade concertada

Charla: “Enfermidades de transmisión sexual”

Organiza: OMIX do Concello do Porriño


Desde a OMIX do Concello do Porriño levarase a cabo, contando ca colaboración do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Deputación Provincial, unha actividade formativa impartida polo Dr. José Luís Pozo Carballiño, profesional da medicina especialista na temática e proposto polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, que estará acompañado por Olga García, Diputada de Cohesión Social, e o concelleiro David Alonso Bargiela.

A charla vai dirixida a xuventude, coa temática “Enfermidades de transmisión sexual”, e poñerase en práctica unha acción encamiñada a informar e formar a nosa xuventude na consecución dunha mellor educación para a saúde.

Terá lugar o martes 22 de outubro, no IES Pino Manso, ás 8:45 horas, para un total de 77 alumnos da ESO. A actividade formativa terá 45 minutos de duración e ao finalizar abrirase un coloquio-debate cos asistentes.


Charla: “Enfermidades de transmisión sexual”


Patrocinio Deputación OMIXCabecera-web-ecultura.png