Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: “Planes para mañana”

EVENTO ADIADO PARA O 26 DE FEBREIRO, ATENDENDO ÁS LIMITACIÓNS IMPOSTAS POLA XUNTA DE GALICIA FRONTE Á PROPAGACIÓN DA COVID-19

| Venres 29 de xaneiro. 2021>
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscricióna do 22 ao 28 de xaneiro, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Desde a concellería de cultura iniciamos, este 29 de xaneiro, un ciclo de proxeccións de películas, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro cultural municipal, ás 19:00 h. cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Dirección de Mulleres

  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Planes para mañana” de Juana Macías. 2010. España. 96’. >> Evento adiado para o 26 de febreiro, atendendo ás limitacións impostas pola Xunta de Galicia fronte á propagación da COVID-19. [ + info ]
  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. >> Evento adiado para o 25 de xuño.
  • Venres 26 de marzo de 2021: “Camino de la cruz” de Dietrich Brüggemann. 2014. Alemaña. 107’. [ + info ]
  • Venres 23 de abril de 2021: “Capitanes de abril“ de María de Medeiros.
    2000. Portugal. 123’. [ + info ]
  • Venres 28 de maio de 2021: “Penélope” de Eva Vila. 2017. España. 90’. [ + info ]
  • Venres 25 de xuño de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. [ + info ]

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde este venres 22 ata o xoves 28, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Planes para mañana: Sólo una vida

Título orixinal: Planes para mañana
Ano: 2010
Duración: 96 min.
País: España
Director: Juana Macías
Produción: Guillermo Sempere
Guion: Juana Macías, Juan Moreno e Alberto Bermejo
Música: Ignacio Pérez Marín
Fotografía: Guillermo Sempere
Montaxe: Juana Macías, Yago Muñiz
Interpretación: Carme Elías, Goya Toledo, Ana Labordeta, Aura Garrido, Jorge Bosch, Brendan Price, Adrián Marín, Pablo Viña, Christophe Miraval, Maite Blasco.
Produtoras: Teoponte P.C, Monte Film, Viernes Producciones, ICAA, Junta de Extremadura, La Huella del Gato S.L
Xénero: Drama


Sinopse:
No transcurso dun día, Inés, Antonia, Marian e Mónica, mulleres de idades e circunstancias moi diferentes, terán que tomar decisións importantes que poden cambiar a súa vida para sempre: decidirá Inés seguir adiante co seu embarazo contra todo e todas? ¿Comprenderá Marian que a súa relación co seu marido acabou e actuará en consecuencia? Que fará Antonia cando o verdadeiro amor da súa vida lle pida unha segunda oportunidade, agora que é unha muller felizmente casada con fillas? Que pasará co desamparo e o desexo de vinganza de Mónica cando a súa familia se desfaga?.



Crítica:
A principios desta última década, unha directora Juana Macías, interrompía no panorama cinematográfico co seu debut, PLANES PARA MAÑANA (2010), unha das cartas de presentación máis poderosas do cine español. De sinxela posta en escena pero ambicioso obxectivo, a película desenvólvese ao longo do mesmo día apoiada nas conexións das súas múltiples protagonistas neste labiríntico desfile de situacións complexas, ás veces dolorosas, que resulta nun film de vidas cruzadas na dinámica de obras como Amores perros (2000), Magnolia (1999) ou Drama/Mex (2006).

Inés (Goya Toledo), Antonia (Carme Elías), Marián (Ana Labordeta) e Mónica (Aura Garrido) son os puntos neurálxicos da contundente visión de Juana Macías sobre certas encrucilladas morais que expoñen á persoa á vertixe dun destino que só se pode decidir. unha mesma. No caso de PLANES PARA MAÑANA, os dilemas complícanse ao presentar personaxes femininos inevitablemente retados polo machismo intrínseco na mirada tan a miúdo abxecta da sociedade na que viven. Na que vivimos.

A película ten un papel importante na denuncia silenciosa porque aquí non hai reivindicacións directas, nin pancartas nin discursos. Si, hai unha fuxida moi necesaria do estereotipo no debuxo veraz dos personaxes que dá forza adicional ás distintas tramas. Estes, ademais, están apoiadas pola construción asimétrica, nerviosa e elíptica de moitos dos seus planos. Sen dúbida, varias decisións arriscadas para un debut que resalta a valentía e claridade de ideas da súa realizadora, decidida a impactar co menor número de artificios, aínda que coa honestidade da emoción espida.

PLANES PARA MAÑANA é unha desas historias de persoas e personaxes. Unha historia rodada con destreza e sutileza, que sinala os momentos decisivos do ser humano entre a vida e a morte e en cuxo tránsito a existencia parece partirse á metade. Son precisamente esas fendas, abismos dos que pode parecer imposible escapar, dos que xurdirán segundas oportunidades, ou a curación das feridas provocadas por un destino salvaxe e caprichoso. A mesma que, de cando en vez, nos advirte de que a nosa existencia é efémera, de que só hai unha vida.



Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png