Ciclo de Teatro e Monicreques “Quérote moito”: “Martes”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 18 de xaneiro. 2018
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Recomendado para nenas e nenos de 0 a 6 anos
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ciclo de Teatro de Monicreques "Quérote moito": "Martes". Baobab Teatro

Un espectáculo de monicreques da compañía Baobab Teatro.

Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa.

Martes tenlle medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Martes tenlle medo a todo por iso nunca saíu da lúa, durme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar a escuras. Martes naceu un martes de lúa chea. Algúns din que é fillo da lúa pero iso non o sabemos. Martes ten un amigo “Pin”, co que xoga sen parar.

Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin, o seu amigo. Martes terá que enfrontarse ao seu propio medo para poder salvar ao seu amigo e as súas estrelas e para iso inicia unha viaxe, máis aló do sol, de camiño coñecerá divertidos e estraños personaxes.


Baobab Teatro é unha compañía pontevedresa que aposta polo teatro infantil de calidade. Óscar Ferreira conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques e escenografías. Andrea Bayer dirixiu e interpretou espectáculos como Golulá (Premio ao mellor espectáculo infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Ribadavia, mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008). Con “O lobo e a lúa” acadou o XI Barriga Verde para textos teatrais para monicreques na categoría de infantil. A compañía volveu acadar o Premio ao Mellor Espectáculo Infantil en Ciudad Rodrigo no 2015, con Luppo, que non parou de xirar polas programacións escolares e familiares máis importantes da Península.



Ciclo de Teatro de Monicreques "Quérote moito": "Martes". Baobab Teatro

Ciclo de Teatro de Monicreques "Quérote moito": "Martes". Baobab Teatro


Cabecera-web-ecultura.png