Ciclo de Teatro e Monicreques “Quérote moito”: “Puño Puñete”

| Venres 25 de xaneiro. 2019
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Recomendado para nenas e nenos de 0 a 6 anos
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ciclo de Teatro de Monicreques "Quérote moito": "Puño, Puñete". Baobab Teatro

Un espectáculo musical da compañía Baobab Teatro.

– Puño, Puñete, que tes por dentro?
– Pan e fermento!
– Puño, Puñete, que tes por fóra?
– Pan e cebola!

Puño, Puñete é un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral. Baobab convida aos cativos e cativas cos seus papás e mamás a descubrir un mundo de sensacións e emocións. O espectáculo está pensado para os máis pequenos/as, e apoiado cun disco. Baobab Teatro cre na palabra, na música e as cantigas como medio de comunicación dende que nacemos, dende o berce.


Baobab Teatro é unha compañía pontevedresa que aposta polo teatro infantil de calidade. Óscar Ferreira conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques e escenografías. Andrea Bayer dirixiu e interpretou espectáculos como Golulá (Premio ao mellor espectáculo infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Ribadavia, mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008). Con “O lobo e a lúa” acadou o XI Barriga Verde para textos teatrais para monicreques na categoría de infantil. A compañía volveu acadar o Premio ao Mellor Espectáculo Infantil en Ciudad Rodrigo no 2015, con Luppo, que non parou de xirar polas programacións escolares e familiares máis importantes da Península.



Ciclo de Teatro de Monicreques "Quérote moito": "Puño, Puñete". Baobab Teatro

Ciclo de Teatro de Monicreques "Quérote moito": "Puño, Puñete". Baobab Teatro


Cabecera-web-ecultura.png