Cinema na rúa con flocos de millo: Megalodón

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

ACTUALIZACIÓN: Por previsión de choiva trasladarase ao Centro Cultural Municipal

| Mércores 7 de agosto. 2019
| Ás 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Cine na rúa: Megalodón


Cita co mellor cinema, na rúa e acompañado de flocos de millo que se distribuirán de balde, ata que se esgoten.


Título orixinal: The Meg
Ano: 2018
Duración: 113 min.
País: Estados Unidos
Director: Jon Turteltaub
Guion: Belle Avery, Dean Georgaris, Erich Hoeber, Jon Hoeber, James Vanderbilt (Novela: Steve Alten)
Música: Harry Gregson-Williams
Fotografía: Tom Stern
Produtora: Coproducción Estados Unidos-China; Apelles Entertainment / Gravity Pictures / Maeday Productions / Flagship Entertainment Group. Distribuida por Warner Bros.
Xénero: Acción/Terror/Ciencia ficción


Sinopse:
Un submarino de augas profundas, que forma parte dun programa internacional, é atacado por unha enorme criatura e queda avariado no fondo da fosa oceánica máis profunda do Pacífico, coa súa tripulación atrapada no interior. O tempo acábase e un  oceanógrafo chinés, o Dr. Chang, recruta a Jonas Taylor (Jason Statham), un especialista en rescate en augas profundas, en contra dos desexos da súa filla Suyin (Li Bingbing) que cre que pode rescatar á tripulación polos seus propios medios. Pero ambos deberán unir as súas forzas para salvar á tripulación e tamén ao océano dunha ameaza imparable: unha quenlla prehistórica de 23 metros coñecido co nome de Megalodón. Aínda que se cría que estaba extinguido, o Meg está vivo e coleando… e está de caza. Cinco anos antes, Jonas atopouse con esta mesma criatura aterradora, pero ninguén lle creu nese momento. Agora Jonas debe enfrontarse aos seus medos para volver ás profundidades mariñas… onde volverá verse cara a cara co depredador máis temible de todos os tempos.



Cine na rúa: Megalón


Cabecera-web-ecultura.png