Cinema na rúa “María Solinha” + Coloquio a cargo do Cineclube Rebobina coas asistencia do director Ignacio Vilar e da actriz Grial Montes

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS, ESTA ACTIVIDADE QUEDA APRAZADA AO VENRES 23 DE OUTUBRO

| Venres 25 de setembro. 2020
| Ás 22:00 h.
Praza de San Sebastián Centro Cultural Municipal » ver mapa

Cinema na rúa “María Soliña”

Organiza: Cineclube Rebobina. Colabora: Concello do Porriño.


Nota sobre a proxección do día 25 de setembro

Por causas alleas á Concellería de Cultura e Festas, o visionado e posterior coloquio da película María Solinha (Vialácteafilms), suspendeuse ao non garantirse a calidade da proxección como o público do Porriño merece, reiteramos as desculpas á veciñanza asistente e nestes vindeiros días, informarase da nova data de proxección.
Desculpas novamente, 
Cami Moreira Fontán
Concelleira Cultura e Festas.

O filme “María Solinha” reconstrúe a historia da viúva canguesa María Solinha, quen foi acusada de bruxería e logo queimada pola Inquisición no 1621. Entre o elenco destacan referentes do cinema galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez, que foron alumnas do Centro de Artes Escénicas de Vigo.

Ao rematar a proxección haberá un coloquio a cargo do Cineclube Rebobina coas asistencia do director Ignacio Vilar e da actriz Grial Montes.


Título orixinal: María Solinha
Ano: 2020
Duración: 123 min.
País: Galicia (España)
Director: Ignacio Vilar
Guion: Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales, Ignacio Vilar
Fotografía: Lucía C. Pan
Produtoras: Vía Láctea Filmes, TVG
Xénero: Drama


Sinopse:
A historia arrinca cando un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha. A historia dunha viúva rica acusada de bruxería pola Inquisición a principios do século XVII. Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. De feito, hai decenas de extras, entre a trintena de actores e actrices. Ademais, o propio alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, estará presente na película como rexedor na época da Inquisición.

Pero o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal.



Cinema na rúa “María Soliña”


Cabecera-web-ecultura.png