Cinema na rúa “María Solinha” e coloquio a cargo do Cineclube Rebobina coas asistencia do director Ignacio Vilar e da actriz Grial Montes

EVENTO CANCELADO, ATENDENDO ÁS LIMITACIÓNS IMPOSTAS POLA XUNTA DE GALICIA
FRONTE Á PROPAGACIÓN DA COVID-19

| Venres 23 de outubro. 2020
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Cinema na rúa “María Soliña”

Organiza: Cineclube Rebobina. Colabora: Concello do Porriño.


O filme “María Solinha” reconstrúe a historia da viúva canguesa María Solinha, quen foi acusada de bruxería e logo queimada pola Inquisición no 1621. Entre o elenco destacan referentes do cinema galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez, que foron alumnas do Centro de Artes Escénicas de Vigo.

Ao rematar a proxección haberá un coloquio a cargo do Cineclube Rebobina coas asistencia do director Ignacio Vilar e da actriz Grial Montes.


Título orixinal: María Solinha
Ano: 2020
Duración: 123 min.
País: Galicia (España)
Director: Ignacio Vilar
Guion: Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales, Ignacio Vilar
Fotografía: Lucía C. Pan
Produtoras: Vía Láctea Filmes, TVG
Xénero: Drama


Sinopse:
A historia arrinca cando un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha. A historia dunha viúva rica acusada de bruxería pola Inquisición a principios do século XVII. Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. De feito, hai decenas de extras, entre a trintena de actores e actrices. Ademais, o propio alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, estará presente na película como rexedor na época da Inquisición.

Pero o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal.



Cinema na rúa “María Soliña”


Cabecera-web-ecultura.png