Cinema: “Querida Gina”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 27 de xaneiro. 2017
| Ás 20:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Cartel Querida Gina

O Concello organiza a proxección, o vindeiro día 27 ás 20:00 horas, de ‘Querida Gina’ a película protagonizada por Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, veciños de Cans

Coma anunciara hai unhas semanas, o Concello do Porriño proxectará o filme ‘Querida Gina’, que ten coma protagonistas a Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, dous veciños da parroquia de Cans que, a finais do ano pasado, estivo entre as candidatas ás nominacións aos Premios Goya.

A proxección será o vindeiro venres 27 de xaneiro, no Centro Recreativo e Cultural, e na mesma estarán presentes familiares de Juan e Serafín e a directora do filme, Susana Sotelo, que explicará cales foron as circunstancias da rodaxe da cinta, a convivencia de Juan e Serafín durante o mesmo ou o relato das vivencias da película dende a estrea, a finais de 2015, ate a actualidade.

‘Querida Gina’ conta unha historia que empeza en 1959: Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, veciños de Cans, están facendo a mili en Zaragoza, onde empezaba a rodaxe dunha superprodución de Hollywood, ‘Salomón e a raíña de Saba’, protagonizada por Tirone Power, que morreu na rodaxe e é substituído por Yul Brynner, e Gina Lollobrigida. Juan e Serafín preséntase para da facer de extras, logran saír na cinta e ver, so dende moi lonxe, á fermosa actriz italiana.

En 2010, medio século máis tarde, contando aquela historia de xuventude, Susana Sotelo proponlles viaxar ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: ir á casa de Gina Lollobrigida e coñecela en persoa.

Empeza entón unha convivencia dun mes, dende a saída dende O Porriño, por estrada, camiño de Roma, pasando polo Norte de España, a Costa Azul francesa e o Oeste de Italia, ata a cidade eterna, no que Susana Sotelo filma máis de 300 horas de anécdotas, conversas e experiencias vividas por Juan, chofer de profesión, Serafín, enterrador de Atios e de Cans, e o mozo galés Tim Randall, que os acompaña nesta ‘expedición’, 300 horas que se quedan finalmente nunha metraxe de 102 minutos.

‘Querida Gina’, logo de moitas dificultades, pode estrearse a finais de 2015, estrea á que non chegarían os seus dous protagonistas, Juan e Serafín, que morren sen chegar a ver toda a película.

Máis info sobre Querida Gina, no seu blogue » ligazón externa


Querida Gina


Cabecera-web-ecultura.png