Club de lectura infantil

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres alternos de outubro a decembro, dende o 14 de outubro. 2016
De 18:00 a 19:30 horas
| Poboación infantil de 8 a 12 anos. Ata 15 participantes
| Requírese inscrición previa ¹
Biblioteca Municipal » ver mapa

Club lectura infantil Porriño

Actividade encamiñada a que os/as nenos/as atopen nos libros o instrumento de desfrute que os/as anime a ler cada día. Empregaranse actividades, xogos, manualidades, etc. relacionadas coa lectura programada para conseguir aumentar a súa comprensión lectora e, ao mesmo tempo, que se divirtan co seu libro. A biblioteca facilita un exemplar do libro programado a cada participante para que o lea na casa.
Coordinadora: Corona Rodríguez Pérez, bibliotecaria e especialista en animación á lectura.


¹ Inscrición: as persoas interesadas en participar nesta actividade deben realizar a inscrición previa, de xeito presencial, na biblioteca . As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

club_lectura_infantil_2


logo-biblioteca-web-eculturaCabecera-web-ecultura.png