Coas mans na masa: Escola eu rural. Elaboración artesanal de conservas

| Días 8, 9 e 10 de abril. 2019
| De 16:30 a 20:30 h.
Escola Taller de Torneiros » ver mapa
| Inscricións en: www.eurural.org

Coas mans na masa: Escola eu rural. Elaboración artesanal de conservas

Aprender a transformar os alimentos de tempada da contorna en conservas artesanais e naturais, obtendo produtos de gran calidade para o autoconsumo. Este é un dos obxectivos de ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural que chega este mes de abril a O Porriño. O curso celebrarase os vindeiros días 8, 9 e 10 de abril de 16.30 a 20.30 horas e nel poderán participar un máximo de 15 persoas.

“Coas mans na masa” nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Inscricións en: www.eurural.org


Coas mans na masa: Escola eu rural. Elaboración artesanal de conservas


Cabecera-web-ecultura.png