Concerto: Agrupación de Gaitas “Os Zoqueiros”

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS, ESTA ACTIVIDADE TERA LUGAR NO AUDIOTERIO EXTERIOR DO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL

| Xoves 24 de setembro. 2020
| Ás 18:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios Audiotorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa

Agrupación de Gaitas "Os Zoqueiros”

Os Zoqueiros nace no ano 2002 na localidade do Porriño e queda formalmente constituída como Asociación Cultural o 27 de outubro de 2003.

Os membros fundadores desta asociación foron: Xosé Manuel Iglesias Diz, Alberto Pereiro Lueiro, Maximino Martínez Adega, Ángel Costas González, Eduardo González Fernández, José Rodríguez Moreira e Francisco javier Rodríguez Mayo.

A súa primeira actuación foi o día 17 de maio de 2003 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. En xullo de 2005 foron teloneiros do grupo Xistra de Coruxo, e no mes de setembro do mesmo ano de Luar na Lubre.

A banda participou en numerosas festas do Porriño, da provincia de Pontevedra, e tamén en Portugal, na localidade de Vale, (Arcos de Valdevez), Anais (Ponte de lima), etc.

A vestimenta dos homes está formada por pantalón, chaleco, camisa e sombreiro, traxe típico de mediados do século XX. A Asociación Cultural Os Zoqueiros organiza o serán de San Benito, que se realiza no Porriño o segundo sábado do mes de maio. Tamén coincidindo con Santa Cecilia esta Asociación organiza o encontro de grupos tradicionais do Porriño.

O seu Director dende o inicio foi Xose Manuel Gil.



Agrupación de Gaitas "Os Zoqueiros”


Cabecera-web-ecultura.png