Concerto Boreas. Cultura no Camiño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 1 de xuño. 2018
| Ás 21:00 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Concerto Boreas

Boreas é o novo proxecto do guitarrista porriñés Álvaro Vieito, no que revisa sete composicións do grupo de Liverpool, The Beatles, e unha última de Meredith Willson (“Till There Was You”) desde a perspectiva do jazz e a improvisación.
Por ser evidente non perde nadiña de nada de orixinalidade nin de calidade que un cuarteto de jazz dedíquelle o seu bo facer a rememorar a música dun dos grupos de pop-rock máis influentes e afamados do século XX, como son os Beatles.
As pezas axústanse ao guion marcado orixinalmente por Lennon – McCartney e fanse reconocibles a calquera que se achegue a este último proxecto liderado por guitarrista galego Álvaro Vieito.
O gusto exquisito e o toque elegante das oito pezas seleccionadas é unha característica intrínseca do cuarteto que se “apropia” de todas e cada unha delas coma se fosen composicións propias. A obra segue unha liña continuista na que non se aprecian altibaixos artísticos e cuxos momentos máis delicados ofrécense nas baladas como “Michelle” e “ Yesterday”.

O proxecto diríxese e dixire con soltura, sen esforzo e entrando fácil ao oínte que a recado gozará desta linguaxe distinta que traduce e interpreta ao cuarteto de Liverpool e que converte a súa música en standard do século XXI, e que gozasen a partes iguais amantes do jazz e seguidores dos Beatles.


A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia organizan o programa Cultura no Camiño, que desenvolve a súa sexta edición do 16 de abril ao 30 de setembro de 2018. Ademais de co patrocinio de Gadis, esta iniciativa conta coa implicación de 103 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da que a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visitan nestas datas.
Un total de 342 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 146 formacións artísticas galegas configuran esta axenda.


Boreas. In my life

Concerto Boreas. Cultura no Camiño


Logos patrocinioCabecera-web-ecultura.png