Concerto Coro e Camerata. Escola Municipal de Música da Coruña. ACCEMMAC

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 7 de abril. 2018
| Ás 20:00 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
| Igrexa Parroquial Santa María do Porriño » ver mapa

ORQUESTA DE CÁMARA Y CORO DE LA ASOCIACIÓN ACCEMMAC

Ambas as formacións foron concibidas para o desenvolvemento artístico do alumnado da Escola Municipal de Música da Coruña. A orquestra, formada por alumnos de música instrumental e o coro, integrado por estudantes de canto e outras disciplinas.

Comezaron a súa andaina no ano 2000 para facer realidade a estrea en España de “La Misa de Jazz”, de Scott Stroman, colaborador habitual da E. M. M. e profesor da Guildhall School of Music and Drama de Londres. Para este evento, uniron as súas voces cos profesores do centro e coralistas doutras entidades da cidade da Coruña, ofrecendo concertos xunto a artistas de prestixio internacional como John Taylor, Kenny Wheeler e Brian Abrahams, e dirixidos polo propio Stroman.

Desde entón, realizaron proxectos como o espectáculo “Gospell” de Scott Stroman, “Gloria” RV529, de A. Vivaldi, “El Mesías” de Händel, “Dido y Eneas”, de H. Purcell, Antología de la Zarzuela, Banda Sonora de “Sonrisas y Lágrimas”, con eloxios da crítica en cada unha das súas intervencións.

Levaron a súa música por multitude de escenarios dentro e fóra de Galicia, a destacar: Palacio da Ópera, Colexiata de Sta. Mª (A Coruña), igrexa de San Martín Pinario (Santiago de Compostela), concatedral de San Julián (Ferrol), igrexas de Santiago e Santa María (Betanzos), colexiata de Toro (Zamora), igrexa de Santiago de Pontedeume, Basílica da Macarena de Sevilla, Igrexa da Purísima de Salamanca, Mosteiro de Sobrado, A Rioxa, etc.

En recentes cursos participaron con éxito en producións como o espectáculo “Viva Verdi” xunto á Polifónica “El Eco” e o Coro “Cantabile” no teatro Colón da Coruña ou na montaxe da zarzuela “María de la O”, de Ernesto Lecuona, con motivo do cincuentenario do seu falecemento, nas festas de María Pita.

Participan habitualmente, desde 2002, nos Encontros de Música Coral “Fonseca”.

Son os seus responsables, Pablo Carballido do Camiño, profesor de canto e director de coro e Alexis Díez González de Mendoza, pianista acompañante e profesora da agrupación instrumental.


Cabecera-web-ecultura.png