Concerto de Jazz: Sumrrá

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 21 de decembro. 2018
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Sumrrá

Con 17 anos de traxectoria e 5 discos editados Sumrrá está considerado coma un dos novos referentes do jazz contemporáneo, levando ata os seus límites a exploración e composición do formato piano trío de jazz. Dende o ano 2000, Sumrrá ten participado en numerosos festivais nacionais e internacionais en Sudáfrica, Bulgaria, París, Bolivia, Marrocos, Nicaragua, México, Honduras, El Salvador, Guatemala, Korea ou China. Composicións propias cun directo arrollador e novedoso ó que avalan as mellores críticas.

No 2016 Sumrrá lanza o seu novo 5º disco titulado Sumrrá V Journeys, editado pola discográfica neoyorkina Clermont Music. Un novo e esperado disco inspirado nalgunhas das cidades polas que Sumrrá ten pasado nas súas xiras internacionais (París, Braga, Johannesburgo, La Paz, Sofía…) Sen dúbida, Sumrrá trátase dun dos grupos máis importantes do panorama jazzístico actual cunha das traxectorias máis sólidas da escena nacional.



Sumrrá


Cabecera-web-ecultura.png