Concerto de Noemí Fernández e acendido do alumeado de Nadal

| Martes 3 de decembro. 2019
| Ás 19:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Acendido-alumeado

O Porriño acende o alumeado de Nadal este martes día 3 de decembro, ás 19:30 h. na Praza de Antonio Palacios, un acto que estará animado pola concerto de Noemí Fernández.

Inaugúrase así un intenso programa de actos e actividades de lecer, especialmente para as pequenas e pequenos, que abranguen festivais, música, teatro, obradoiros, amais da xa tradicional Festa Pre-Fin de Ano, a visita de Papa Noel o II Concurso de Rondallas e, por suposto, a Cabalgata de Reis.

A estas actividades súmanse outras para todos os públicos coma o Festival de Panxoliñas, os días 13 e 14 de decembro; o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música, o día 19;  a Gala Benéfica da Asociación Bastón, o día 21 de decembro, no Centro Cultural Municipal; o Flashmob e exhibición de baile de Studio 57, o domingo 22; ou a I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño, o domingo 30 de decembro.


Noemí Fernández. La Voz Kids

Noemí Fernández

Noemí empezou canto e piano aos 11 anos, e desde entón está a loitar polo seu soño. Con 13 anos apuntouse a clases de guitarra e presentouse á Voz Kids pero non deu resultado. Aos 15 anos volveu intentalo e quedou finalista no equipo do cantante Melendi. Baixo o paraugas deste artista, esta moza de 15 anos e veciña do Porriño fíxose co público grazas as súas postas en escea.

Noemí vai representar a España na final do concurso europeo “Tour Music Fest” que se celebrará en Roma o día 7 de decembro. Competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocou o piano.



Noemí Fernández. La Voz Kids


Cabecera-web-ecultura.png