Concerto de piano: Iván Fernández e Yamini

| Xoves 28 de setembro. 2017
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

YAMINI PRABHU

Yamini Prabhu

Nada en Bombai, India, graduouse na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) con Rafael Salinas en 2013.

Continuou a súa formación no Conservatorium Maastricht e, desde entón na Academia Gnessin de Moscova con Pavel Dombrovsky.
En 2011 foi premiada coa bolsa de excelencia Anna Rise. En 2012 compuxo e dirixiu a música para o espectáculo “MA, o poder do cos”. A partir deste proxecto gravouse o disco “MA, O poder de decidir” en 2013.

En xaneiro de 2014 gravou unha selección de miniaturas do compositor A. N. Scriabin no prestixioso Yash Raj Filme Studio de Bombai.

Ofreceu concertos en cidades como Vigo, Pontevedra, Maastricht, Moscova, San Petersburgo, Valencia, Barcelona e Bombai (Alliance Française, The National Central for the Performing Arts e en diversas programacións para a firma Steinway & Sons coa colaboración de Yash Raj Filme Studio).

Actualmente compaxina a docencia e a interpretación na Escola Municipal de Música de Vimianzo mentres organiza e imparte seminarios con concertos en diversas institucións de España sobre a figura de A. N. Scriabin.


IVAN FERNANDEZ

Iván Fernández

Nado en Vigo en 1984, iniciou os seus estudos musicais na mesma ciudade con Ana Maria Garcia e continuou a súa formacion con Rita Ivaskeviciute.

Graduouse con Matricula de Honra en interpretacion pianistica na Escola Superior de MUsica de Catalunya da man de Rafael Salinas (PhD), onde tamén seria mencionado con honores polo seu proxecto de investigacion: “Recursos expresivos en las últimas sonatas de Beethoven”, interpretando en concerto as sonatas op.109, op.110 e op.111 do compositor.

No ano 2015 obtivo o master de interpretacion pianistica na Academia Gnessin de Moscova, onde foi galardoado co Diploma Vermello (CUM LAUDE), tendo estudiado ali con Vera B. Nosina (Catedratica e Artista Honorifica de Rusia).

No ano 2013 obtivo o primeiro premio e recibiu o diploma a mellor interpretacion de música rusa na edicion XIV do “Concurso Internacional Musica Classica”, celebrado na localidade de Ruza (Rusia). No 2009 foi finalista no “Concurso internacional de jovenes intérpretes de Lliria” e se lle galardoou coa prestixiosa bolsa de excelencia “Beca Anna Riera”.

Ten ofrecido concertos en diversas localidades de Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana e noutras cidades como Leon, Sevilla, Braga (Portugal), Zvyozdny, San Petersburgo e Moscova (Rusia).

Recibiu consellos de grandes personalidades da música, tales coma Leonid N. Sintsev, Pavel Dombrovsky, Lidya Reznikova, Tatiana Tarnavskaya, Jarosław Drzewiecki, Arcadi Volodos, Douglas Humpherys, Alba Ventura, Rasa Biveiniene, Ramon Coll, Salvador Mas, Michal Drewnowski, Meira Farkas, Natalia Posnova, Ingrid Sotolarova, Yuri Bogdanov, Christian Zacharias, Pierre Reach, Luis Pipa, o Cuartet Casals ou Leonel Morales, entroutros.

Obtivo a diplomatura na especialidade de Maxisterio en Educacion Musical (Universidade de Vigo, 2007).

Coma docente cabe destacar a súa etapa na Union Musical de Benaguacil (Valencia, 2011-2012). Actualmente é profesor de piano, de conxunto e de harmonia, e pianista acompañante no Conservatorio Profesional i Escola de Música de Arzúa (A Coruña).

No veran do ano 2012 exerceu de pianista no restaurante “Cafè de la Pedrera” (Casa Milà, Barcelona)

Entre os anos 2016 e 2017 colaborou con Radio Arzúa como creador e organizador da emision musical semanal “Programa de man”.

Máis información sobre Iván Fernández, na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png