Concerto de presentación: Fonteliño “Rueiras”

| Xoves 27 de decembro. 2018
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Fontelino - Rueiras

Con Rueiras, Fonteliño mostra a súa evolución en canto a repertorio e instrumentación, e da a benvida as novas incorporacións. Únense á súa festa: Fernan, co seu acordeón, que as arroupa con mestría; e unha voz enérxica e brillante, a de Eva, que interpreta como solista moitas pezas deste disco.

Tentan plasmar parte da súa memoria musical, da que gardan desde nenas como ouro en pano. Mostra disto son pezas como A Leiteira, coa cal Luisa, coas súas 85 primaveras, consegue emocionarnos sempre; ou Cantigas de Rande, que lembra Chola de cando era nena e cantábana polas rúas de Redondela, e que, nesta ocasión, interpreta ela mesma coa súa fermosa voz.

Queren homenaxear a Antonio Paz Valverde, gran compositor porriñés, incluíndo dúas melodías da súa autoría que lles fascinan: María Soliña e Solo quedei.



Fontelino Rueiras


Cabecera-web-ecultura.png