Concerto de presentación: Xoana “Dardos”

| Venres 7 de decembro. 2018
| Ás 21:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Xoana - Dardos

Cos seus 20 anos, Xoana está inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o disco co que pretende irromper no mundo da música e utilizar esta coma un medio de denuncia. Está composto por 10 cancións e todas elas xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios! A diversidade de cancións e estilos está sempre presente nas distintas composicións, polo que o disco goza de riqueza musical e temática.

“Mártires” é o seu primeiro videoclip e está moi ligado á función reivindicativa do disco, nel realízase unha queixa contra a violencia de xénero. Aquí, a muller ten o papel protagonista e a través das imaxes perséguese trasladar ó espectador o sentimento de angustia e a sensación de apresamento á que están sometidas.

Por outra banda, este disco está orientado a achegarlles ós máis novos a música galega en galego, e que asemade a sintan como algo propio, de xeito semellante ó que Xoana experimentou.

Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.



Xoana - Dardos

Xoana - Dardos


Cabecera-web-ecultura.png