Concerto: #Díese

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| ACTUALIZACIÓN
| 30 de xuño. 2017
| Ás 23:00 h. 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

#Díese

#Díese é un grupo creado a partir de alumnos de último ano de itinerario avanzado da Escola de Municipal de Música Tradicional e Folk E-TRAD de Vigo.

A fin de elaborar un repertorio propio, distintivo e variado, combinan os diversos coñecementos adquiridos durante anos de estudio.

Preténdense pois, adaptar diferentes pezas, de procedencia tradicional ou de autor, a un estilo folk propio no que interveñen os diferentes instrumentos que o conforman, dando un caráter musical e interpretativo moi singular ó provir os seus membros de distintos e variados estilos musicais.

Ten tras de sí a participación en eventos musicais en varios municipios da provincia así como en festivais e actos tales como as Xornadas da Camelia (Salceda de Caselas), Festival Vai de Amores (Ponteareas), Festa do Muiño (Coiro)…


Está composto por:

Juan Carlos Crespo: Requinta
Beatriz Rodríguez: Requinta
Alba Faro: Voz e percusión
Marcia Vásconez: Voz e percusión
María Jorge: Violín
Elena Fernández: Violín
Roberto Mariño: Gaita
Rubén Fdez.: Acordeóndiatónico
Sara Malvido: Zanfona
Salvador Pardo: Zanfona
David Miguélez: Arpacéltica
Iago Boente: Bouzouki
Ángel Alberto 0terino: Guitarra acústica


Concerto Díese


Cabecera-web-ecultura.png