Concerto infantil: “Concerto con Fusión”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 20 de setembro. 2019
| Ás 18:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Concerto infantil: "Concerto con Fusión"

Un espectáculo da compañía: Grupo Píscore

Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural), que levou o Premio do Público no Festiclown 2018 e foi o espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.



Concerto infantil: "Concerto con Fusión"


Cabecera-web-ecultura.png