Concerto musical: A Banda da Balbina

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 1 de marzo. 2019
| Ás 21:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Banda da Balbina

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda galicia, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos…) levando sempre boa música en galego e moita festa.

As súas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia de Galiza.
 Se hai algo que os define é que cantan e contan historias, historias que son súas e comúns nas catro provincias da Galiza. Dende os seus inicios manteñen unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega.



A Banda da Balbina


Cabecera-web-ecultura.png