Concerto músical: A Banda da Loba

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 29 de decembro. 2018
| Ás 20:30 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Banda da Loba

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Neste momento están a presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, por toda Galicia, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras.



A Banda da Loba


Patrocinio Rede Dinamizacion LinguisticaCabecera-web-ecultura.png