Concerto musical: Antonio Serrano

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Martes 19 de setembro. 2017
| Ás 22:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa

Antonio Serrano. Festas do Cristo 2017

Antonio Serrano é un virtuoso do seu instrumento, unha das maiores promesas do jazz español actual e un dos músicos de sesión máis solicitados do país. Dotado dunha asombrosa facilidade técnica e uns profundos coñecementos teóricos, Serrano mostra así mesmo unha enorme versatilidade musical que queda fielmente reflectida no seu amplo historial de colaboracións. O armonicista móvese con idéntica soltura en ámbitos musicais tan distantes entre si como o jazz, flamenco, pop e clásica.

Compartiu escenario con grandes artistas como Barbara Hendricks ou Placido Domingo, con orquestras sinfónicas de toda Europa, a Wynton Marsalis, Lou Bennet oToots Thielemans a Vicente Amigo, Clarles Benavent e o gran Paco de Lucía entre moitos outros.

Antonio Serrano é coñecido por traer a harmónica ao flamenco e formou parte durante 10 anos da banda de Paco de Lucía.

A súa trepidante traxectoria valeulle para ser premiado co Masters of Mediterranean Music en Jazz Flamenco pola súa achega revolucionaría a este estilo, outorgado en 2014 polo Berklee Mediterranean Music Institute, así como recentemente recibiu o Grammy Latino, por parte da Latin Academy of Recording Arts & Sciences, en recoñecemento pola súa participación como artista na gravación do disco “Entre 20 aguas: a la Música de Paco de Lucía


HARMONIOUS é un gran paso na carreira como solista do armonicista madrileño Antonio Serrano.
Escoitamos a harmónica de Antonio Serrano con Paco de Lucía, Wynton Marsalis, Toots Thielemans, Joaquín Sabina, a Orquesta Sinfónica de RTVE, en bandas sonoras de películas, coliderando os seus proxectos con grandes músicos como Javier Colina ou Federico Lechner e en moitos outros contextos.
Pero hoxe que nos falta por coñecer de Antonio Serrano? HARMONIOUS é a resposta.

Antonio Serrano preséntanos o seu esperado primeiro traballo en solitario no cal toca todos os instrumentos, ademais de deleitarnos coa súa exquisita sensibilidade musical. Por primeira vez escoitaremos a Antonio Serrano interpretando as súas propias composicións e arranxos nos que a música é a única e gran protagonista.

Á hora de levar HARMONIOUS ao escenario, Antonio desexa compartir co público os seus gustos musicais máis íntimos e crear un ambiente onírico, case máxico.

HARMONIOUS ten ecos de Bach, Chopin, Paganini, Sonny Boy Williamson, Piazzolla, Paco de Lucía, Charlie Parker, Scott Joplin, etc… en definitiva, todo aquel que influíu dunha forma ou outra na formación do virtuoso da harmónica Antonio Serrano, que con esta obra reinventa o pasado e prevé o futuro.


Cabecera-web-ecultura.png