Concerto musical: Banda Crebinsky e Dakidarría

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 20 de setembro. 2019
| Ás 22:00 h.

Rúa Domingo Bueno  » ver mapa

Banda Crebinsky


Banda Crebinsky

Nenas e Nenos! Donas e Cabaleiros! Chega o 3º disco de Banda Crebinsky, un sonoro espectáculo chegado directamente do universo Crebinsky : Zirkus Affe.
Pasen e escoiten.

Déixense levar pola música sen pasaportes  das súas dez pistas: o gato que canta, o trapecista con vertixe, o paiaso que fai chorar, os líderes de egos insultantes, tertulianos monologuistas e demáis artistas da farándula nacional e internacional… Zirkus Affe.

Neste 3º disco propoñen unha  nova viaxe cun son máis mediterráneo, cunha nova volta de tuerca ao son da Banda.

Banda Crebinsky non renuncia a súa formación de 8 músicos en directo, ofertando un concerto contundente no que invitan ao público a involucrarse nesta viaxe.

100% autoproducido e autoxestionado.

Para Zirkus Affe contaron coa participación de vellos coñecidos da Banda, coma Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia. Gravado e misturado por Ramón Campos.

Máis difícil aínda! ZIRKUS AFFE!




Dakidarría


Dakidarría

Dende Galiza chega un dos grupos que máis está dando que falar dentro do novo panorama musical estatal. Dakidarría é unha banda formada por sete músicos que fusionan ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos, que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indiferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso.

Tras quince anos de traxectoria editaron oito discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome Discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008), “Realidades alienantes…” (Revolution Produccións, 2010), “… Utopías emergentes (Maldito digital, 2011), “10 anos na rúa” (Recompilatorio, 2015), “…Utopías emerxentes (Reedición en galego, 2015), ”De cuncas e de mar” (En directo, Maldito Records, 2016) e o último EP da banda “Filosofía incendiaria” (Incendiaria Records & Maldito Records – edición dixital – 2018).

Durante este tempo presentaron o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e parte de Europa (ademais dunha xira que levounos a percorrer a República Mexicana) actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación.

As súas últimas xiras, “De cuncas e de mar” e “Lume tour” confirman o prato forte da banda, os directos.

Actualmente o grupo atópase inmerso na presentación do seu último traballo coa xira “Filosofía incendiaria Tour”.



Cabecera-web-ecultura.png